Domingo. 24.10.2021
El tiempo

O Ifecgas Xuvenil dá unha alegría ao balonmán costeiro

O Ifecgas Xuvenil dá unha alegría ao balonmán costeiro

Así celebraron o título de Liga da División de Honra Xuvenil os carballeses do Ifecgas Pereira, o cadro xuvenil da familia Xiria. Os xogadores de Fernando Vázquez venceron 38-12 ao Cisne conseguindo romper a supremación dos equipos pontevedreses, emulando a aquel equipo comandado por Marcos Rodríguez no 2003-2004.

Esta xeración pasará a historia do clube. Os Martín Gómez “Zúpez”, Iván Eiroa “Igor”, "Javi" Rodríguez, "Edu" Mariño, Rubén "Anes", "Rubén Gómez","Mario Santiago", "Álex" García, "David" García, "Martín" Alfeirán, "Mario García de Seárez", Jorge "Bouzas", "Miguel" Suárez-Pumariega, Alejandro "Calvete" e "José" Mallo, continuarán coa súa espectacular progresión, tanto deportiva como persoal, e seguirán dando alegría á familia Xiria.

Entrementres, xa en categoría 1ª Estatal sénior, o Calvo acadaba un empate en León ante o 4º clasificado, cunha nutrida representación de "xiriareiros" carballeses nas bancadas do pavillón leonés. Un reparto de puntos que non deixaba satisfeitos nin a uns nin a outros. Mais polo visto na pista do Pavillón Universitario “Hansi Rodríguez”, seguramente, sexa o resultado máis xusto que se puido dar.

E malas novas para o Bm. Camariñas, que se coloca faroliño vermello tras acadar a 7ª derrota consecutiva.

Ademais, a familia do Bm. Xallas segue crecendo, e esta fin de semana tiveron doble cita: unha visita a Vigo para ver un encontro de categoría de ouro, e unha doble xornada para os cadetes.

ULE ADEMAR - Calvo Xiria (33-33)

  • Calvo Xiria (16+17): Iago[p], Cuco (1), Álex García, Brais, Sergio (4), Álex Zas (5), Manu (4) -equipo inicial- Naya [p], Ramón, Christophe (1), Ángel (3), Dubra (3), Pablo (12, 4 de 7 metros)

Ao longo dos sesenta minutos o Calvo foi fiel ao xogo que mellor sabe facer, velocidade tanto no ataque como na defensa para tratar de levar vantaxe ante o que faga o seu rival. Pero atopouse, desta volta, cun equipo que utiliza unhas armas similares aínda que con algunhas diferenzas, e foron as diferenzas entre os dous equipos o que depararon un choque igualado e divertido que se pechou cun lanzamentos de sete metros a prol dos carballeses co tempo xa concluído, e que nas mans de Pablo transformouse no definitivo 33- 33.

Antes foi moito o que traballaron e loitaron os dous conxuntos nun vibrante partido e no que nin uns nin outros deron nada por perdido. Nin cando o Calvo se foi de catro goles no segundo tempo nin cando o ULE se puxo por diante a falta de trinta segundos para rematar o encontro. Non houbo un dominador claro, nin no electrónico nin no xogo, ambos mandaban e sufrían segundo o momento de partido do que se fale. Puídose ver un xogo visitoso e rápido, con aparacións de todos os xogadores nos momentos precisos.

Vindeira cita

A vindeira xornada, o sábado 31, o Calvo xoga no Pavillón Vila de Noia ante o Cafés Toscaf, no que suporá o derradeiro partido de liga no seu feudo nesta tempada.

Cafés Toscaf - Avilesina - Bm. Camariñas (34-11)

  • BM. CAMARIÑAS: Cristian (p), Víctor (p), Fary (1), Fabián (2), Felipe (5), Pombo (2), Quin (1), Moncho (3), Catalán (1), Xabi (3), Perón (1).

Chegou xusto de tempo o Camariñas, ao pavillón da Magdalena de Avilés, un fallo na loxística fixo que chegase o equipo 5 minutos antes da hora oficial do encontro. Tendo que iniciarse o encontro sen quecemento previo por parte dos visitantes, o que, sen dúbida, lastrou ao Camariñas durante todo un partido, que aínda que condicionado polo mal inicio, acabouno de estragar unha mala parella arbitral, 8 cartóns, 12 exclusións e 2 descualificacións, a maioría excesivas e rigorosas.

Un mal partido, en que o Boya notou en exceso as ausencias de Borja e Salva, non resultando as alternativas de xogo para cubrir as ausencias, rotando a Felipe, Ponbo, Fabián, Catalán e Perón, sen atopar as solucións mais acertadas. Mal grolo para os camariñans pois esta derrota, a 7ª consecutiva, colócaos por primeira vez neste campionato, no faroliño vermello da competición.

Vindeira cita

O vindeiro sábado ás 18:30 o Conservas visitará ao Lalín, un partido que promete emoción.

Balonmán Xallas

O mércores pasado os nenos e nenas do Bm. Xallas viaxaron a Vigo para disfrutar do encontro entre o Academia Octavio e o Bm. At. de Madrid correspondente á 22ª xornada da liga Asobal. Alí poideron conversar e sacar fotos con algúns dos seus ídolos. Foi unha gran experiencia para os rapaces que non olvidarán.

Os equipos benxamin e alevín mixtos e o infatil feminino non tiveron competición oficial esta fin de semana así que o Sábado desprazáronse a Santiago para disputar uns partidos amigables contra o Alcampo CD. Conxo. Un gran ambiente o que había no pavillón no que máis de medio centenar de rapaces disfrutaron do balonmán animados por numerosos afeccionados.

O equipo cadete masculino tivo unha dobre xornada.

O sábado pola tarde enfróntaronse o Bm. Cangas nun partido que se presentaba moi complicado para os de Santa Comba pola ampla diferenza que houbo no marcador no partido de ida. Pero os rapaces do Bm. Xallas saíron concentrados desde o primeiro momento e a gran intensidade que mostraron ó longo do partido permitiu disfrutar dun encontro igualado en todo momento. O marcador ó descanso foi 12-10. No segundo tempo as pérdidas de balóns e os fallos de lanzamentos provocados pola inexperiencia dos Xalleiros na competición rematou cun resultado final de 20-25 para os de Cangas.

O domingo pola mañá os locais saíron novamente concentrados e a primeira parte foi igualada chegando ó descanso co marcador 15-15. Pero o cansancio empezou a notarse na segunda parte con despistes en defensa e numerosos erros en ataque que se reflexaron no marcador final de 20-25. A pesar de non conseguir puntuar esta xornada, son moi boas as sensacións que está deixando o equipo cadete e de seguro que pronto se verán os resultados.

Máis información

Crónicas 2011/2012

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán xallas CF, do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria.

comentarios