O Imperio da necesidade
20:53 26/03/17
Pouco tivo que facer a rivalidade sobre a lóxica clasificatoria nos dous megaderbis de Primeira e a Liga da Costa, nos que Dumbría e Corme se impuxeron con certa suficiencia
O Muxía foi homeaxeado en Vimianzo
Un dos obstáculos máis perigosos que lles deparaba o calendario a Dumbría e Corme, dominadores de tres cartas partes da Primeira e Segunda Galegas, foron superados con cierta suficiencia ante veciños que pouco ou nada tiñan en xogo. No Conco, o líder da categoría goleou a un Fisterra que non mereceu tamaño castigo, mentres que no Pinguel de Ponteceso os percebeiros non só saíron a flote, senón que ademáis aumentaron a vantaxe sobre o Mazaricos, incapaz de vencer en Buño.
O teido da pirámide e sudoku autonómico, a Preferente, deixou malas novas en Ribadeo, onde o Soneira, o máis necesitado, caeu tras unha viaxe maratoniana e un partido irregular. As boas novas foron para un Sofán prácticamente salvado incluso con catástrofe na Terceira, e un Xallas instalado parece que definitivamente na zona morna. Os carballeses venceron ao Arzúa no Carral, o fortín chave da permanencia, mentres que os combeses igualaron matinalmente en Ponte dos Brozos de Arteixo.
O sorpasso da Primeira ten que ver coa crise do Sporting Zas, derrotado na casa ante o Riveira, e a condición de estados unidos da felicidade que se podería chamar O Cunchido de Outes, onde os de Cambeiro seguen a cimentar pilares da milagre. Esta vez o poderoso Tordoia (no aspecto físico) foi o que inclinou o xeonllo ante a ilusión costeira. O derbi do Conco tivo máis goles que diferencia real en xogo, pero sobre todo a curiosa xeira de Aarón, un 'guiri' no que a capacidade goleadora se refire, e que de novo resultou verdugo dos seus paisanos. A deportividade imperou no Conco, cun ambiente máis que notable.
Non errou o novo líder da Liga da Costa, o Baio, na visita do Coristanco a Platas Reinoso. Lle puxeran unha vela os de Pedro Gómez a tódolos santos de Ponteceso, para que o derbi municipal revivise a mellor versión dos de Barca ante o Corme, pero non foi así. Nun encontro sen demasiada historia o perseguidor fixo os papeis. Fallou o Mazaricos en Buño, e arrollou o San Lorenzo, terceiro xa, a un Corcubión descoñecido. Queda xa prácticamente descendido un Laxe superado na casa polo Cerqueda, e moi preto de asegurar a súa continuidade un Baíñas que goleou ao Porteño. Idéntica situación para o reforzado Camariñas, capaz de remontarlle ao Castriz, así como para un Malpica que vive o seu momento máis acertado do curso.
Recibiu honores de campión o Muxía en Vimianzo, onde superou ao Castrelo, e de segundo podería telos tamén un Ameixenda que venceu cómdamente ao Volantes.
PreferenteNorte, xornada 30
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 28
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 29
3ªAutonómica, Gr.2, xornada 26
LigaGalegaXuvenil, xornada 27
LiguillapreviaáFasedeAscenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 10
Liguillacopeira, Gr.1, xornada 7
Liguillacopeira, Gr.2, xornada 7
Liguillacopeira, Gr.3, xornada 7
LigaGalegaCadete, xornada 27
1ªCadete, xornada 25
LigaGalega Infantil, xornada 26
1ªInfantil, xornada 27
LigaAlevínNorte, xornada 5
LigaAlevínSur, xornada 21
LigaBenxamínNorte, xornada 5
LigaBenxamínSur, xornada 21
LigaPrebenxamín, xornada 4
LigasVeteranos, 1ª División, xornada 22
LigasVeteranos, 2ª División, xornada 22
Máisinformación
- www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.