venres. 02.05.2025
El tiempo

O Judo Bergantiños consegue dúas medallas na fase provincial dos Galegos

O Judo Bergantiños consegue dúas medallas na fase provincial dos Galegos
Familia do Club Judo Bergantinos nos Provinciais Familia do Club Judo Bergantiños nos Provinciais

Este pasado sábado disputábase en Vilalba a fase Provincial do Campionato Galego Infantil e Cadete. O Judo Club Bergantiños desprazábase cunha delegación formada por 7 deportistas, 5 infantís e 2 cadetes. Todos fixeron unha fantástica actuación, sumando ademais unha gran experiencia para varios dos rapaces que nunca competiran a este nivel. Pero todos lograron gañar combates e mesmo 3 conseguiron medalla.

Estes foron os resultados, en parte gracias á labor dos técnicos Miguel, Iván Vicente, Arsenio Velasco Orvizco, Patricia Ferreiro Cabado, Miguel Mandarino, Sandra Lopez Anido, Alejandro Queiro, Gimnasio Fibra Jose Lopez.

En categoría Infantil participaron: Naira Branco Medalla de Prata en -52 kg e clasificada para a fase final do campionato Galego. Borja Villar 7º posto en -50 kg Brais Castro 7º posto en -66 kg Sergio Rodríguez 9º posto -50 kg Daniel Chouziño 9º posto en -66 kg En categoría Cadete participaron: Martín Reis Medalla de Ouro en -90 kg e clasificado para a fase final do campionato Galego. Adriana Lema Medalla de Bronce en 70 kg e clasificada para a fase final do campionato Galego.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios