mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Manuela Rial prepara o Campionato Provincial de Volei

O Manuela Rial prepara o Campionato Provincial de Volei

Logo do pleno nos Campionatos Comarcais, agora toca ir pola provincia. Tres equipos do Manuela Rial disputarán este sábado 28 de maio a Fase Final do Campionato Provincial do volei no pavillon do Monte das Moas da Coruña. Os equipos que intentarán quedar campións da provincia nas categorías benxamín mixto, alevín femenino e alevín masculino.

Os benxamíns disputarán dous encontros pola mañá para poder clasificarse para as semifinais. Mentres que os alevíns disputarán as semifinais ante Calasancias, no caso das chicas, e contra Santa María del Mar nos chicos. Os que gañen nas semifinais xogarán a final pola tarde e os que perdan disputarán o 3º e 4º posto.

Sorte aos nosos pequenos!!

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Colexio Manuel Rial da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios