Sábado. 18.05.2024
El tiempo

O mar de Corcubión lembra a Jesús Elorza cunha regata de novas promesas

O mar de Corcubión lembra a Jesús Elorza cunha regata de novas promesas
Jesus Elorza

Volven as regatas á ría de Corcubión, e o Club Marítimo Carrumeiro arma unha concentración de vela moi emotiva. O club corcubionés pretara a XVII Concentración de Escolas de Vela CMC, facendo un Memorial Jesús Elorza, como sentida homenaxe ao falecido este ano, que tanto fixo polos deportes náuticos da bisbarra, facendo unha labor tremenda para dar aos mozos a posibilidade de achegarse a coñecer e sentir o mar a través da navegación a vela.

Así estes 18 e 19 de xullo, terá lugar esta regata está pensada e dirixida para os mozos que se inician no mundo da competición a vela.

Arrincarán o sábado ás 11:00h coa saída e o domingo repetirán, coa entrega de Medallas sé social C.M. Carrumeiro arredor das 17:00h. O Obxectivo fundamental deste evento é que os Clubs da zona celebren unhas xornadas de convivencia cos mozos de varias localidades a través da práctica do deporte da vela.

Participarán varias clases:

  • Optimist Escola; Dirixida a mozos que é a súa primeira regata e pola súa idade e tamaño correspóndelles esta embarcación.
  • Optimis Regata; Para aqueles que xa participaron nalgunha regata.
  • Multiclase novos; Mozos que polo seu tamaño e idade participasen noutro tipo de embarcacións máis grandes (Omega, laser, pastinaca, catamarán,etc.).

Compre sinalar que colaboran na causa a Estación de Servizo Bazarra, Coca Cola e Gadis.

Fonte

Comentarios