O Muros máis celeste vai a Riazor para ver á Selección Galega
08:12 11/05/16
Xa saben que o vindeiro 20 de maio, ás 20:30h, Riazor acolle un partido moi especial. A Selección Galega enfrontarase á Venezuela, e toda a bisbarra tamén o vivirá de xeito especial.
Desta volta, a Peña Muradana Celtista “Cuadrilla de Pepa a Loba”, en colaboración ca Federación Galega de Futbol, vai organizar buses para ir ver o partido da Selección.
A saída será de Lariño ás 17.30, con paradas en Louro, Muros e Serres; e dende Esteiro ás 17:30h, con paradas en Tal, Abelleira e Torea. A volta despois do partido.
Xa poden reservar praza ata o venres 13 de maio no Pouso, Muradana e Varadoiro, en pepalobacelta@yahoo.es ou whatsapp 629563342.
Selección Galega
Os adestradores Fran e Míchel Salgado fixeron a seguinte convocatoria:
| XOGADOR | POSTO | EQUIPO |
| Mariño | Porteiro | Levante |
| Sergio Álvarez | Porteiro | RC Celta |
| Hugo Mallo | Defensa | RC Celta |
| Barragán | Defensa | Valencia CF |
| Álex Bergantiños | Defensa | RC Deportivo |
| Jonny | Defensa | RC Celta |
| Roberto Lago | Defensa | Getafe |
| Angeliño | Defensa | Manchester City |
| Pedro Mosquera | Medio | RC Deportivo |
| Trashorras | Medio | Rayo Vallecano |
| Fran Rico | Medio | Granada |
| Juan Domínguez | Medio | RC Deportivo |
| Álex López | Medio | Sheffield Wednesday |
| Iago Falque | Mediapunta | Roma |
| Jota Peleteiro | Mediapunta | Eibar |
| Denís Suárez | Mediapunta | Villarreal |
| Iago Aspas | Dianteiro | RC Celta |
| Lucas Pérez | Dianteiro | RC Deportivo |
| Joselu | Dianteiro | Stoke City |
| Santi Mina | Dianteiro | Valencia CF |
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).