Mércores. 11.09.2024
El tiempo

O Muxía recibe unhas sancións de 14 partidos, 6 meses e 450€ en multas

O Muxía recibe unhas sancións de 14 partidos, 6 meses e 450€ en multas

Poderá recurrir o Muxía a sanción que lle impuña onte o Comité da Federación Galega de Fútbol trala tangana xerada o pasado domingo no Cubaleiro. O Colexiado xa sinalaba na acta que, ademais de amenazalo, ata lle goleparan na cabeza e que unha afeccionada lle pegara 8 puñetazos no estómago.

Pois xa se decidíu o comité e impón duras multas ao cadro muxián. Son 8 xogadores sancionados con 14 partidos (a meirande parte deles cun partido, 1 con 2 partidos e un cos ata 6 meses de suspensión), e os dous adestradores, os sancionados. Ademais, o club recibe unha sanción de 300€ que sumada a cada unha das sancións dan un montante total de 450€.

Queda coxo o cadro muxián para a volta, que se xogará este domingo en Arliña, e onde esperemos non haia máis liortas.

Sancion ao Muxia 1

Sanción a Lira e Ameixenda

Ademais, Lira e Ameixenda levan unha sanción, recurrible, de 180€ cada un polo "retraso" do partido da última xornada ligueira. Así o di acta: "Visto el informe ampliatorio recabado del árbitro del encuentro, así como las alegaciones vertidas por ambos clubes, que no desvirtúan la presunción de veracidad del citado informe, considerando acreditado que el retraso en la salida al terreno de juego se debió a la demora de ambos equipos en finalizar el calentamiento pese a las advertencias arbitrales, imponer multa en grado medio de 180 euros a cada club."

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios