O muxián Samuel Méndez representa a Galicia no campionato nacional cadete de taekwondo
08:05 25/05/18
samuel-mendez-taekwondo
Mañá celébrase en Marina D’or o campionato de España Cadete de Taekwondo na modalidade de combate. Alí estará o muxián
Samuel Méndez, do club Arte e Movemento, que representará á comunidade galega como Membro da Seleccion Galega de Taekwondo, da que forma parte dende que gañou o Campionato Galego Cadete no pasado mes de abril. Dende entón Samuel non defraudou, e non fixo máis ca sumar victorias coa Selección, participando en Vizcaia, Castellón e Zamora.
A seccion de baile deportivo do club ceense tamén participará esta fin de semana con 28 deportistas no Marin Atlantic Open. A proba, que dura dous días, dispútase na localida de Marín. Duas parellas do club participarán ademáis o domingo no campionato galego de bailes Latinos.
Novas relacionadas
- Abril 2018: Samuel Méndez, do club Arte e Movemento, participa no Open Marina d'Or Taekwondo
- Abril 2018: O club Arte e Movemento, suma e sigue
- Marzo 2018: Andrea García, ca Selección Galega Junior en Combate
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Club Arte e Movemento