O novo pavillón deu sorte aos equipos do Volei Dumbría no debut nas Ligas Galegas


Este pasado sábado día 12 dábase o pistoletazo de saída ás diferentes Ligas Galegas, no renovado Pavillón Municipal de Dumbría, cun total de 4 encontros. Os resultado non foron nada malos para os nosos, cun balance de 3 vitorias e unha soa derrota.
Infantil feminino
As xogadoras do Manuela Rial enfrontábanse ás 10:30 ante o equipo coruñés do Liceo, un dos equipos máis fortes da categoría, e pese a facer un bo partido acabaron perdendo por 0-3 (15-25, 18-25, 12-25).
Infantil Masculino
Os infantís do Manuela Rial debutaban na liga ante Santa Mª del Mar nun encontro de inicio de tempada con moitos erros polos dous bandos que o acierto dos nosos nos momentos decisivos de cada set permitiu sumar a primeira vitoria da tempada por 3-1 (25-15, 25-23, 25-27, 25-20).
Cadete Masculino
Bo debut tamén do equipo cadete do Voleibol Dumbría ante Santa Mª del Mar cunha vitoria clara por 3-0 (25-12, 25-16, 25-15) onde o equipo local foi superior ainda que non xogou o nivel desexado.
Xuvenil Masculino
Vitoria tamén clara dos xuvenís do Voleibol Dumbría ante Ames por 3-0 (25-18, 25-18, 25-17) nun partido que os nosos foron moi superiores na rede ainda que foi un partido disputado e entretido.
Vindeira xornada
Este sábado 19 de outubro, os equipos cadete masculino e infantil femenino desprázanse a Vigo:
- Sábado 19 ás 11:45h: Infantil femenino: Teis - Manuela Rial.
- Sábado 19 ás 11:45h: Cadete masculino: Teis - Voleibol Dumbría.
Novas relacionadas
- O Volei Dumbría estrea temporada e pavillón.
- A bitácora da semana (CCXXVIII): O blog do Voleibol Dumbría.
- Dumbría xa é potencia en Volei Praia.
- 5 costeiros raiaron a gran nivel coa Selección Galega en Valladolid.
- Os cadetes do Volei Dumbría, entre os 15 mellores equipos de España.