Luns. 06.02.2023
El tiempo

O Oso Polar aínda non coñece a vitoria

O Oso Polar aínda non coñece a vitoria

O Oso Polar Costa da Morte caía no partido disputado da 2ª División Masculina FGB celebrado no pavillón Municipal de Cee ante algo máis dun centenar de afeccionados. Os ceenses non podían co Cenor Cluny tras un comezo titubeante e continúan a última praza da táboa sen coñecer a vitoria en 8 partidos.

Oso Polar Costa da Morte - Cenor Cluny (60-67)

  • Oso Polar: (14+14+8+24) Fabián, Róber (22), Pais (14), Davi (11), José Ramón (7) (cinco inicial) Sergio (5), Manu, Andrés, Javi Soto, Ivan (2), Jose.

O partido comezaba mal para o equipo local, que saíu á pista totalmente descentrado, perdendo ata 4 balóns consecutivos, o que aproveitou moi ben o Cenor Cluny para facer un parcial de 8 a 0, diferenza que se foi mantendo e aumentando ao longo do primeiro cuarto, aínda que aos poucos o Oso Polar foi atopando a intensidade que necesitaba para estar no partido.
O segundo cuarto foi moi igualado, coas 2 defensas impóndose aos ataques, para chegar ao descanso con 7 puntos de vantaxe para os visitantes.

No terceiro cuarto volveu repetirse a historia de tantas e tantas veces, os xogadores do Oso polar empezaron a facer a guerra cada un pola súa conta, no canto de buscar as boas opcións que nos axudaron a meternos no partido, o resultado o habitual, 8 puntos anotados en todo o cuarto e a buscar a heróica no cuarto definitivo con 13 puntos de desvantaxe.
E no período final, as cousas aínda empezaron peor, xa que o equipo santiagués conseguiu elevar a diferenza ata os 19 puntos. De súpeto, unha vez máis, o equipo dá Costa da Morte sacou a caste e o orgullo, e sobre todo a tranquilidade en ataque para atopar as opcións correctas e o partido deu un envorco inesperado. Pero con todo, foi nadar para morrer na beira...

Categorías Inferiores

Pola súa banda o E.S. Bazarra disputou o seu partido contra o Pulpalia de Lugo. Desde o inicio púidose comprobar que o partido sería complicado para as ceenses. Con todo, e a pesar do parcial do segundo período (13 a 26 para as lucenses) o equipo local nunca deu o partido por perdido, e realizaron un gran esforzo na segunda parte, cun xogo moi dinámico en ataque e unha forte defensa conseguiron meterse de novo no partido. Un partido que marca definitivamente o estilo de xogo que debe ter o equipo.
Ao final derrota para os ceenses por 43 a 57.

Cómpre sinalar tamén que o Ferroatlántica infantil masculino xogou o seu partido contra o Carballo Basquet, e caeu derrotado por 26 a 87. O partido foi similar a algúns anteriores, cun comezo esperanzador (13 a 17 o primeiro cuarto), pero a alegría coa que estaban xogando os jovenes xogadores locais foise apagando aos poucos ante a maior intensidade do equipo carballés.

Para rematar, os equipos masculino e feminino alevíns do Ferroatlántica desprazáronse A Coruña, onde xogaron contra o CB Arteixo, gañando o equipo masculino e perdendo pola mínima o feminino.

Vindeira cita

A semana próxima non hai xornada de liga para o Oso Polar, e a seguinte máis o equipo non vai xogar porque o club viaxa a xogar un Torneo de carácter amigable a Cantabria.

Pero si hai Liga nas Categorías inferiores. O ES Bazarra Costa da Morte disputa un partido aprazado contra o ADFRO coruñés, o domingo ás 17:00 no Pavillón Municipal de Cee. O encontro preséntase moi interesante xa que se trata de 2 equipos que se atopan na parte baixa da clasificación. O equipo local contará con todas as súas xogadoras para intentar sumar a segunda vitoria da tempada, coa excepción de Helena, que segue recuperándose da súa lesión no pé. As da Costa da Morte tratarán de seguir coa importante progresión no xogo mostrada na última xornada contra o Pulpalia.

Pola súa banda o Ferroatlántica alevín feminino desprázase o sábado á mañá para disputar o seu partido de liga contra o Compañía de María (12:30 Polideportiva Sardiñeira).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Oso Polar.

comentarios