Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Oso Polar colleita a súa primeira vitoria mentres Baio se prepara para o Torneo de Nadal

O Oso Polar colleita a súa primeira vitoria mentres Baio se prepara para o Torneo de Nadal

Impresionante a fazaña do Oso Polar Costa da Morte que acadou a súa primeira vitoria nun final de infarto ante o Maristas da Coruña. Ademais o clube ceense diaputou en contros nas 5 categorías e aquí traemos as crónicas completas dos seus partidos.

Entrementres, por Baio, están organizando o I Trofeo de Nadal de baloncesto.

Sénior Masculino

  • Resultado: OSO POLAR COSTA DA MORTE - MARISTAS CORUÑA (60-59).
  • Oso Polar (18+8+14+20): Iván, José Ramón (14), Andrés, Robert (7), Anxo (9), Fabián (11), Jose, Manu, Santi (8), Pais (11).

O partido comezaba como tantos outros, imprecisións por parte do equipo local con numerosas perdas de balón, e o equipo coruñés anotando con facilidade desde a linea de 6,25. Pero o equipo da Costa da Morte reaccionou rápido e cun parcial de 10 a 0 púxose rapidamente por encima no marcador, para terminar o primeiro cuarto 5 puntos por arriba.

No segundo cuarto volveron ás andadas, a xogar cada un pola súa conta sen buscar balóns interiores que nos deron os mellores momentos en ataque. Ao descanso 26-29, e todo por decidir na segunda parte.
O terceiro cuarto foi o máis igualado do partido, con constantes alternativas no marcador, para deixar todo aberto para o último cuarto no pasarían cousas increibles.

Inicio moi forte por parte do equipo visitante, que chegou a gozar de 8 puntos de vantaxe, para o equipo local parecía que se repetía a historia, pero entón entrou en escena Anxo, e con 2 triplos nun minuto devolveunos a fe na vitoria.

O final do partido foi unha vez máis increible.... a falta de 27 segundos para o final o Oso Polar gañaba por un punto e tiña posesión para case sentenciar o encontro. Pero de xeito incomprensible o Oso regalou o balón... e a oportunidade de gañar pasou a mans do equipo visitante.
Aquí, unha vez máis, pasou o peor que nos podía pasar, Maristas sacou, a súa base esgotou todo o que puido a posesión, penetrou e dobrou un balón para que o seu compañeiro anotase e sacase falta persoal a falta de 6 segundos. Unha vez máis parecía que a sorte daba as costas ao Oso Polar. Entón ocorreu o inesperado. Con 58 a 59 Maristas fallou o tiro libre, Pais colleu o rebote e saíu botando cara á canastra rodeado de 3 contrarios, nunha acción digna dun base escapouse dos 3 e nun intento desesperado por anotar lanzou desde o medio campo cando aínda quedaba algo de tempo no marcador....o balón rebotó no taboleiro e.... apareceu o heroe da tarde: Fabián, que collendo o balón no aire anotou a canastra que devolve a ilusión aos xogadores e aficcionados do Costa da Morte.

A partir de aí desatouse a tolemia, e unha longa sucesión de abrazos, xa tiñan a tan ansiada primeira vitoria....parabén a todos.

Sénior Feminino

  • Resultado: E.S. BAZARRA - SANTA MARÍA DO MAR (28-71).

Partido moi complicado para as xogadoras do Costa da Morte, ante un dos conxuntos máis completos da liga. Con todo ao principio do encontro ao equipo visitante custáballe muxo anotar, ante a boa defensa das locais, e só o conseguían desde a linea de tiro libre, xa que as "Osas" entendían mal a agresividade co uso ilegal das mans, aínda que hai que dicir tamén que os colexiados axudaron bastante a que se producise esa confusión, mantendo un criterio cambiante nas 2 zonas do campo.

O segundo cuarto en calquera caso foi un desastre para as xogadoras locais, que moi precipitadas en ataque non conseguiron anotar nin un punto. Xusto antes do descanso produciuse o feito lamentable do partido, co partido resolto, as xogadoras de Santa María do Mar non souberon gañar e encaráronse coas xogadoras locais, ata o banco visitante saltou á pista a recriminar non se q...debían de ter algunha conta pendente.

A partir de aí, xa non se xogou a baloncesto, o conxunto local non quixo máis problemas e dedicouse a que pasasen os minutos sen buscar máis confrontación.

Cadete Feminino

  • Resultado: ROMAR MOREIRA CONSTRUCIÓNS - SANTA MARÍA DO MAR (81-31)

Partidazo o xogado por noso equipo cadete na tarde do sábado, cunha forte defensa presionante en todo o campo impuxéronse con claridade ao terceiro clasificado da competición.
En ataque xogouse o mellor partido do que vai de tempada, ante unha defensa zonal moveuse o balón con criterio, atopábase en muxas ocasións ás xogadoras interiores (bo partido de Esther) e as exteriores eran capaces de penetrar para anotar ou descagar para tiros abertos. Destacar a achega de Andrea Chasco (gran partido o seu) con 13 puntos e infinidade de asistencias e rebotes. Tamén destacar a Yaiza e Lorena con 14 puntos cada unha (máximas anotadoras do encontro) e a Tania que sendo infantil realizou o seu debut esta tempada co equipo cadete, demostrando que pode ter un sitio no equipo en momentos puntuais.

Pero o máis importante a destacar é que cada vez máis isto parécese a un equipo, e iso é o que buscan, que todas acheguen o seu granito de area para aos poucos ser o equipo que queren ser.

Infantil masculino

  • Resultado: FERROTLÁNTICA - CB CULLEREDO (31-48).

Partido estraño o xogado a tarde do domingo polos xogadores do Costa da Morte. O que parecía un partido perdido de antemán (nunca se pode pensar así) converteuse nun partido que se podía gañar. Pero a saída dos mozos xogadores locais non foi a desexada, moi tímidos en ataque e blanditos en defensa. Aínda encima a terceira falta persoal de Cristian Marcote complicaba as cousas no rebote.

Ao descanso parecía que os locais tirarían o partido e non aproveitarían a oportunidade de disputarlle o partido aos de Culleredo, a diferenza era de 18 puntos. Pero o partido na segunda parte foi outro moi diferente. Unha gran defensa por parte dos do Ferroatlántica meteunos de novo no partido, chegando a estar a tan só 10 puntos de diferenza, pero ao final, os erros en tiros fáciles impediron que se completar a remontada...

Por fin atoparon o camiño, forte defensa e rápidos contraataques, agora só nos falta crer un pouco máis en eles mesmos para continuar evolucionando.

Alevín Feminino

A fin de semana comezou cun partido disputado en Coruña entre as xogadoras do Ferroatlántica alevín feminino e o Calasancias. O partido presentábase moi complicado, xa que xogaban contra o primeiro clasificado. Á dificultade de xogar contra un equipazo sumóuselle que só puideron viaxar 5 xogadoras que obviamente tiveron que disputar todos os minutos... Cómpre destacar p recoñecemento para elas: María, Lucía, Paula, Manuela e Iria. 5 auténticas jabatas que pelexaron ata o final. O resultado foi o de menos, pero destacar que a derrota foi por 30 puntos ante un equipo que gañara todos os anteriores por KO.

1º Torneo de Nadal de Baio

O "Clube de Baloncesto Baio", co que colaboran a Deputación da Coruña, Concello de Zas, Ramos Alidis e Novagailcia Banco de Baio, levará a cabo o próximo xoves día 22 de decembro no Pavillón Municipal de Baio o 1º Torneo de Nadal, que se disputará entre C.B.Baio Ramos Alidis, C.B.Noia e C.B.Laracha. As 10 horas comenzaran os partidos. Os alevins e benxamíns xogarán na pista lateral e os cadetes e junior na pista central, así sera o longo de toda a mañá.

Pararase a comer cara as 14h e sobre as 15:30h retomaranse as actividades nas que se disputarán os últimos partidos da xornada entre os equipos finalistas.
Rematados os encontros, sobre as 18h entregaranse os trofeos os participantes. A entrada é de balde para o que queira pasarse polo Municipal de Baio.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Oso Polar.

Comentarios