O Oso Polar sufriu un roubo en Cambre

17:31 01/12/10
O Oso Polar Costa da Morte perdeu contra o A.P. Cambre tras un "auténtico roubo" por parte do árbitro J. Noya, segundo denuncian dende o clube ceense. Era o 7º partido da tempada do Oso Polar na Liga FGB e o equipo local venceu ao imporse por 56 a 41.
O equipo costeiro segue sufrindo o salto de categoría e mantense na penúltima posición (11º) con 9 puntos. Así e todo, o 3º clasificado ten tan só 11 puntos, polo que unha boa racha sacaría ao Oso Polar da zona baixa.
Datos do encontro
- Resultado: A.P. Cambre, 56 - Oso Polar Costa da Morte, 41.
- Parciais: (18-11, 11-12, 15-6, 12-12).
- Oso Polar Costa da Morte: Manuel (-), Roberto (17 ptos, 3t), Santi (2 ptos), José Ramón (6 ptos) e Pais (10 ptos) [cinco inicial]. Tamén xogaron Fabián (6 ptos), Busto (-), José (-) e Andrés (-).
- A. P. Cambre: Carreira (11 ptos), Lariño (11 ptos), Vázquez (5 ptos), Paris (4 ptos) e Prieto (11 ptos, 3t) [cinco inicial]. Tamén xogaron Vila (-), Branco (7 ptos, 1t), Piobelli (-), López (7 ptos) e Calatraba (-).
Vindeira cita
Esta fin de semana Liga FGB descansa. A próxima xornada o Oso Polar Costa da Morte recibirá o domingo 12 ás 17:00 ao Culleredo no municipal de Cee. Ademais esta semana comezan a xogar as categorías base do equipo costeiro.Máis información
- Fegaba: Clasificacións (buscar Liga FGB Senior Masculina).
Novas relacionadas
- O Oso Polar non sae da zona baixa e suma unha nova baixa para toda a tempada.
- O frío non parou aos pequenos atletas de toda a bisbarra en Cee.
- Os árbitros non deixan gañar ao Conservas Boya.
Fonte
- Nota de prensa do Oso Polar Costa da Morte.