Sábado. 21.05.2022
El tiempo

O Outes, campión cadete

O Outes, campión cadete
Proclamouse campión da Liga da Costa en categoría Cadete o Outes, a falta de disputar aínda algún dos partidos adiados no seu momento. Os rapaces de Manuel Sieira venceron en 17 partidos, igualaron 2 e só foron derrotados en 2 encontros, contra o Zas 1-2 e contra Os Miudos 8-3. Precisamente este equipo, Os Miudos, foi o único rival que seguiu o ritmo dos da Serra, cunhas marcas de goles a favor estratosféricas, 111 Os Miudos por 78 o Outes. A pugna entre ambos equipos foi do máis destacado da tempada. É unha pena que a liga cadete sexa tan cortiña, pois realmente é unha categoría onde se ve un fútbol de moi bo nivel e con encontros francamente bonitos. Os máximos goleadores do campión foron Ryam con 22 tantos, Siso con 16 e Jose Del Río con 15. Falamos con Manuel Sieira, o seu adestrador, que nos contou moitas cousas interesantes: " Quero agradecer antes de nada á directiva que confiara en Babu e en min para levar este magnífico equipo". Os de Outes tiveron una gran regularidade, cun grupo de xogadores moi compacto no que destaca sobre todo a labor de equipo, con pinceladas de rapaces que xa empezan a estar na boca de todos. Ryam xa soa para equipos grandes despois de mostrar o seu talento pola Costa, Siso é un xogador dos que gusta ver a calquera, Sanchiño e David Mariño son fixos das convocatorias da selección sub 15, e Marta é unha promesa do fútbol feminino. "É un grupo comprometido e traballador, a palabra que mellor o define é EQUIPO. Temos 10 xogadores de 1º ano e 8 de 2º. É un grupo que leva no club 7 ou 8 anos, e sempre competiron moi ben" O Outes practica un fútbol moi vistoso, da gusto ver ós rapaces xogar. "Baseamos o xogo en defender ben e aproveitar a velocidade dos homes de arriba. Non temos un 11 fijo, máis de 15 xogadores saíron de inicio na maioría dos partidos" Ademáis dos Miudos, a pesar do corta que é a liga, outros equipos lle deron guerra ós de Sieira. "A liga é moi igualada, sobre todo nos 6 primeiros. Ó ser moi curta non podes fallar moito. Os equipos que máis me gustaron foron Os Miudos, o Corme e o Zas"   Agora toca pensar na fase de ascenso. Para a Costa sería sensacional meter outro equipo en Liga Galega. Na promoción poderase atopar con rivais da entidade do Orillamar, Calasanz B, Boiro, Milagrosa de Lugo ou Sarriana. "Á fase vamos ir con ganas e ilusión. É unha gran oportunidade para os chavales de competir e disfrutar. Se conseguimos o ascenso estaríamos encantados" O Outes é un club modélico en canto ó aspecto formativo.  O trato cos rapaces, a filosofía do club e o alto nivel organizativo fai que sempre estemos a falar de nenos e nenas de Outes destacando no noso fútbol base. Sieira danos a clave "No aspecto formativo Carlos, o coordinador, tenta ter 2 técnicos por equipo, e que os nenos pillen uns hábitos de adestramento para poder progresar. Non nos sentimos modelo de nada. Temos unha directiva non demasiado grande en número pero sí en traballo, e xente que colabora con nos desinteresadamente ós que lle temos que agradecer a súa implicación" O Outes, campión cadete, cunha boa fornada de nenos dos que pronto oiremos falar en categoría senior, seguro.

comentarios