O Piragüismo Dumbría trae dúas medallas da Copa de España de Slalom en Padrón
Sigue queimando etapas o CDM Piragüismo Dumbría, e esta fin de semana, aproveitando que competían case que en casa, os palistas de Dumbría trouxeron dúas medallas, ademais de dous postos finalistas e dous semifinalistas máis.
O excelente traballo dos palistas dumbrieses se viu recompensado con un 7º posto na clasificación por clubes. Cómpre destacar que, ademais de ser o único clube coruñés que participou nesta competición, é a primeira vez que os dumbrieses se meten entre os 10 mellores clubes de España.
2 podios
A primeira medalla que caiu nas máns do CDM Piragüismo Dumbría foi a do C2 tripulado por Iago Canosa e Marco Oreiro. Esta é unha medalla de muito merito, posto que o non haber suficientes tripulacións para abrir a categoría cadete, tiveron que competir coma xuvenís, co que non só os rivais eran de máis edade, se non que o peche de control era muito máis apretado. E vaia se o foi, que pasaron por apenas un segundo o corte, e puideron disputar a ronda final. Nela, Iago e Marco fixeron unha baixada espectacular, a sorte de facer a súa mellor baixada de sempre na competición de casa, o que os levou ó segundo escalón do podium, por detras da equipa do Cadí de La Seu de Urgell, e diante da tripulación vasca do Beti-Busti. Unha plata que sabe a ouro.
Pola súa parte Iago Canosa repetiu podium na competición de K1 cadete. Iago está madurando muito coma deportista e coma competidor. Despois de facer dúas baixada tranquilas en preliminares e semifinales simplemente para pasar o corte, o de Olveira saíu a por todas na manga final, baixando rápido e limpo, o que lle servíu para conseguir a súa primeira medalla individual nunha Copa de España de Slalom.
E un equipazo
Pola súa parte, o resto dos representantes do CDM Piragüismo Dumbría tiveron unha actuación moi destacada, con resultados moi bos, con dúas finalistas, Andréa Perez cun 4º posto final de muito mérito despois de meses de práctica inactividade deportiva debido ós estudos, e o de Laura Antelo, que cumpliu co seu reto de entrar na final dunha Copa de España e demostrando que aínda ten unha amplísima marxe de mellora. Marco Oreiro e Aarón Elías, no C1 cadete e K1 sénior respectivamente rozaron a final, quedando a apenas un posto de entrar na última ronda.
A participación dumbríesa se viu completada coa participación de Xabier Trigo, que non foi quen de pasar o corte, e Martín Quitáns, Monchi Lado e Kiara Martínez que participaron coma abridores.
Máis información
Novas relacionadas
- Diario dumbriés dunha fin de semana de piragüismo nos Pirineos.
- Durísima competición do Piragüismo Dumbría na Canle Olimpica de La Seu.
- O CDM Piragüsimo Dumbría sobe por primeira vez coma clube ó podium na Copa Galega de Slalom.
- O Piragüismo Dumbría abre a tempada con medalla.
- Dumbría acollerá dúas probas nacionais de piragüismo.
- Dúas medallas en casa para rematar un gran ano de piragüismo.
- O CDM Piragüismo Dumbría estrea páxina web.
- Unha nova Ruta BTT en Dumbría con personalidades para seguir promocionando o ciclismo.
- A chegada ao Mirador do Ézaro non será a última vez que se faga.
- As rampas do Mirador do Ézaro agardan a invasión do pelotón.
- Máis de 170 embarcacións tinguiron de branco a ría de Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do CDM PIragüismo de Dumbría, da man de X. Henrique Portela.