O piragüista Iago Canosa achégase ao mundial de Slalom de Australia
Doble boa nova da familia do CDM Piragüismo Dumbría esta fin de semana. Se por unha banda sabemos que Iago Canosa se achega ao mundial de Australia, a expedición dumbriesa en Tomiño voltaba con 5 medallas.
Iago Canosa camiño de Australia
Despois dun non tan bó desempeño na competición de Orthez, onde os nervos traicionaron o palista de Olveira, Iago Canosa obtivo un magnifico cuarto posto na segunda competición do Selectivo para os Campeonatos de Mundo sub18 que se celebraban este fin de semán en La Seu de Urgell, en Lleida, no Parc Olimpic del Segre.
Ante a ausencia de Antía Loira por enfermedade, Iago Canosa era o único representante do clube costeiro neste selectivo, e ainda que as súas posibilidades eran de entrada bastante remotas para entrar no equipo, demostrou que en vindeiras convocatorias si que haberá que contar con él coma un dos homes a batir. Desta vez quedou fora, posto que so se clasificaban os dóus mellores xuvenis, pero no seu debut na categoría o resultado é excelente.
Cinco Medallas na primeira Copa Galega de Promoción en Tomiño
Con apenas sete deportistas, o CDM Piragüismo Dumbría rozou o podium na clasificación por clubes no Parque do Río da Pedra, en Tomiño, que, como vén sendo habitual, abría o calendario galego para os máis pequenos. Hai que recoñecer que a un escenario precioso se sumou un percorrído bén diseñado, aproveitando ben as características do río, un día excelente e un caudal de auga ideal.
¡Acudían os de Dumbría con algunha baixa pola gripe, pero iso non impediu que os nosos sete deportistas rendisen a un altísimo nivel.
Lorena Costa fixo unha estupenda competición no seu debut coma infantil, cunha expectacular primeira manga que a aupou á berdeoguesa ó terceiro caixón proba. Pola súa parte o olveirán Fran Romar fixo unha competición impecable, e foi a grande sorpresa da proba, cun segundo posto máis que merecído con dúas mangas sin penalizacións e sabendo claramente ó que ía en cada unha delas. Na súa mesma categoría Marcos Cancela perdía a oportunidade de obter o seu primeiro triunfo. O de Xestosa sabese gañador, pero iso hai que demostralo no río, e o nervos nas competicións fanlle tomar decisións erradas. Mesmo así conseguiu un meritorio terceiro posto final que lle demostra onde pode estar a pouco que as cousas salgan ben.
As outras dúas medallas foron para Jorge Quintáns, que no seu debut coma infantil alcanzou un terceiro posto que porá en guardia os seus rivais na categoría, palistas que nalgún caso gañaron probas de Copa de España o pasado ano, e que lograron gañarlle por apenas uns segundiños nun percorrido no que se precisaban dous minutos para completalo. O outro medallista foi Martín Romar que nunha estupenda segunda manga, remontou varios postos ata situarse no terceiro chanzo do podium.
A participación dumbriesa se completou con Xesus Cundins e Brais Cancela que na categoría benxamín cumpliron rematando as suas probas.
Na clasificación por clubes remataron 4º por detras de Teixugos, o clube organizador, Tea de Mondariz Balneario e Penedo de Caldelas de Tui.
Máis información
Novas relacionadas
- 5 palistas do Piragüismo Dumbría loitarán polas plazas para o Mundial de Slalom.
- Sorte dispar para os palistas dumbrieses na primeira proba da tempada.
- Arrinca en Portugal a tempada 2014 para un CDM Piraguismo Dumbría con caras novas.
- Un Piragüista dumbriés ao mellor centro de tecnificación de España.
- O Piragüismo Dumbría xa é Campión Galego.
- O Piragüismo Dumbría xa sobe a podios estatais.
- Dumbría acolleu outra gran proba de piragüismo.
- “O campo de slalom sería tan positivo como o Camiño de Santiago”.
Fonte
- Nota de prensa do CDM Piragüismo de Dumbría, da man de X. Henrique Portela.