sábado. 14.12.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Ponteceso abre fenda

2ª Autonómica: O Ponteceso abre fenda
O gran partido da xornada, e probablemente da liga, non defraudou. ambientazo no Pinguel para ver ese encontro entre os dous primeiros clasificados que deixa o camiño aberto para que o Ponteceso de Berto fágase co título de campión da Liga da Costa. Polo resto, xornada do revés na Liga da Costa. Gañaron os da zona baixa (Porteño, O Pindo, Esteirana e Corme e empate do Buño), e do grupo perseguidor de pontecesáns e camariñáns caeron todos. O Club do Mar no derbi en Malpica, o Muros no derbi muradán, o Castriz en Baio, o Sofán no Pindo e o Fisterra ante o Corme. Precisamente esta derrota deixou unha boa "marexada de fondo" en Fisterra, onde Manolo Santos deixa a dirección do equipo e pode que varios xogadores marchen con el. E facemos unha mención especial a un deses encontros que dignifican o fútbol da Costa. Preto de 500 afeccionados achegáronse ao Xosé Luis Vara para disfrutar dun derbi muradán de guante branco. Derbi que se decidiu nos últimos instantes, tras un encontro vibrante pero limpo.

Ponteceso - Camariñas (2-1)

  • Ponteceso: Norberto, Dani Pallas, Carlos Mato, Bolón (David Velo, min.80), Luisete, Fabián, David Abelenda (Tucho, min.40), Mario, Alfredo (Puente, min.70), Pablo Vázquez, Toniño.
  • Camariñas: Pombo, Antelo, Breo, Maikel, Ogando, De la Sierra, Moriño, Brais, David (Adrián, min.70), Javi (Mané, min.46), Juan oBello.
  • Goles: 0-1, min.15: De la Sierra tras un saque de banda; 1-1, min.20: Alfredo, tras un saque de banda de Dani Pallas; 2-1, min.45+2: Luisete.
  • Lesión: David Abelenda cun pinchazo.
Moi disputado o partido do ano, que deixa ao Ponteceso con 5 puntos de vantaxe no liderato da Liga da Costa. O horario permitiu unha entrada pouco habitual no Pinguel que rexistrou unha entrada de 350 persoas. Comezaba o choque con moita igualdade. De la Sierra adiantaba aos visitantes, que tiñán varias baixas de última hora como a do enfermo Josiño, tras un saque de banda, pero de contado Alfredo conseguía a igualada tamén de saque lateral. A xogada clave do encontro chegou xa co tempo cumplido do primeiro tempo. Os xogadores camariñáns entenderon que o colexiado pitara unha falta a favor do Ponteceso, pero segundo o colexiado non pitou e deu a lei da vantaxe. Cos xogadores visitantes parados, Luisete marcou un tanto que vale media liga, a pesar das protestas do cadro camariñán. Os de Manolín non saíron centrados na segunda, e malia dominar máis, o oficio dos de Berto foi clave. Tan só unha falta de Mané creou perigo á meta de Norberto. Os adestradores falaron ao final do choque. Berto apunta que "deixamos vivos ao Camariñas, xa que puidemos ter conseguido tamén o golaverage", xa que na ida o encontro quedara 1-0 para os camariñáns. Ademais Berto destaca que as 3 vindeiras xornadas son claves para que o equipo quede campión. Pola súa banda, Manolín destacou que "o Camariñas demostrou que pode gañarlle ao Ponteceso".

Esteirana - Muros (2-0)

  • Esteirana: Ramón, Maxi (Mingos, min.85), Suizo (Godo, min.85), Dani Rama, José Varela, Andel, Uru, Pepe, Simón, Andel (Cajulo, min.60), Adrián (Alex, min.60), Roberto Pladur.
  • Muros: Lupi, Chema (Geiko, min.70), Iván, Gael, Mayu, David (Edu, min.85), Varito, Bibi, Sexo, Gelo (Kiko, min.70), Toni.
  • Goles: 1-0, min.89: Uru tras pelexar un balón perdido; 2-0, min.92: Alex.
Moitos e fala ás veces dos choques da zona de arriba olvidándonos de grandes derbis que engradecen o fútbol da Costa. Así foi o derbi muradán, que congregou máis xente no Xosé Luis Vara que o propio Ponteceso-Camariñas. Preto de 500 persoas ateigaron o campo esteirán para recibir un dos partidos máis agardardos polo sur da Costa. E foi un encontro intenso, pero de guante branco. Foi un en contro claro de empate, con dous equipos ben prantados e sen fisuras. Metía o Muros algo máis de empurre, pero sen demasiada profundiadde. Toni e Mayu puideron marcar nunha mesa xogada, pero Ramón fixo unha dobre intervención. E cndo todo miraba cara o empàte, Uru recuperou un balón perdido e a base de entrega marcou o gol da vitoria, que cerciorou Alex xa co tempo cumplido.

Baio - Castriz (1-0)

  • Baio: Felipe, Ramón, Diego, Mario, Pablo, Martín, Alberto, Fachal (Fernandito, min.87), MC (Manuel, min.80), Canai, Jorge (Canario, min.30) (Eloy, min.75).
  • Castriz: Angel, Chinda, Alex, Toniño, Sergio Pose (Suso, min.60), Alberto (Rubén, min.70), Dani, Fili, Mauir, Sebas, David Brenlla.
  • Gol: 1-0, min.60: MC co tacón tras un tiro de Mario.
  • Lesións: Jorge e Canario.
Partido aburrido, con demasiado xogo no medio campo. O Castriz intentábao colgando balóns pero o meta Felipe, moi serio, foi todo un baluarte no xogo aéreo. E iso que os xalleiros protestaron un penalti de Felipe a David Brenlla. Tamén tivo Mauri un balón nos primeiros 45 minutos que petou no longueiro. Pero o Baio, sen crear demasiado perigo, cnoseguiu tres puntos a base de seriedade.

San Lorenzo - Carnota (1-0)

  • San Lorenzo: Recarey, Casillero, Dubra, Puñal, Cachizo, Alex (Fuentefría, min.80), Iván Rey (Jorge, min.60), Carliños, Marcos Cancela (Javi, min.50), Fabián, Quillo.
  • Carnota: Peipo, Adrián, David Brea, Pedro, Tono da Caixa, Castreje (Manolo Chousa, min.70), Nico Alvarado, Joselu (Manuel Luís, min.60), Miguel Beiro, Pablo Beiro, Oliver (Pumuki, min.75).
  • Goles: 1-0, min.20: Dubra trsa unha falta dende o medio campo.
Segue crecendo o Carnota, malia non conseguir nada positivo. A primeira parte foi de dominio local, con algunha xogada ofensiva como as protagonizadas por Carliños e Jorge que solventou con boas maneiras Peipo. Dubra subiu nunha xogada a balón parado e fixo o gol local. A partir de aí o San Lorenzo tirou de seriedade e o Carnota tomou o control do balón, pero sen crer perigo. Moito balón colgado, pero non é ese o forte do equipo carnotán. Tan só Nico Alvarado tivo unha boa falta que salvou Recarey.

Malpica - Club do Mar (2-1)

  • Malpica: Suso; Víctor, Marcos Amado, Marco, Iago, Eloy, (Diego, min.93), Cheo, (Gonzalo, min.93), Charly, David Blanco, (Miguel Dourado, min.83), Andrés, Manu Pardo, (Ismael, min.70).
  • Club do Mar: Borja; Fran Borrazás, Chori, Luis Lareo, Chechu, Alberto, Repi, Jacobo, Juan Lareo, (Brais, min.61), Corral, Piñeiro.
  • Goles: 1-0, min.5: David Blanco de cabeza á saida dun córner. 1-1, min. 50: Corral tras un pase de morte de Jacobo. 2-1, min.65: Cheo, dende o vértice da área.
  • Expulsión: o caionés Jacobo no min.80
Demostrou o Club do Mar o por que da súa posición na táboa, pero fpecou de falta de mordente arriba. O conxunto caionés dominou o coiro tralo gol inicial de David Blanco, sobre todo no primeiro tempo, pero sen eficacia. Juan Lareo marrou só diante do porteiro e Pablo Piñeiro fallou un man a man que solventou Suso. Comezou a segunda co empate caionés pero o Malpica deu o mellor de si, asumiu o mando no medio campo e creou perigo. Cheo foi o autor do gol da vitoria e a defensa local mantivo con orde a vantaxe para sacar unha vitoria que se lles escapaba aos malpicáns nas últimas 5 xornadas.

O Pindo - Sofán (3-1)

  • O Pindo: Garrido, Mateo, Miguel de Lira, Piquero, Juan de Dios, Diego León, Rafa (Javi Conexo, min.80), Fran (Rivas, min.80), Víctor (Ángel, min.85), Aitor, Julián (Pulpo, min.60).
  • Sofán: Costa, Roberto, Gustavo, Juanjo, Manolo Varela (David Pensado, min.65), ALberto Pensado, Miniño, Pizo, Adrián, Bertín, Jacobo.
  • Goles: 1-0, min.35: Aitor; 2-0, min.60: Juan de Dios; 2-1, min.65: Bertín de penalti; 3-1, min.70: Rafa moi escorado.
Primeira parte moi aburrida en Lombáns onde o Sofán levou o peso do partido os primeiros quince minutos, pero sen crear demasiado peligro. Rompeu a sosa dinámica Aitor, que rooubou un balón na liña de tres cuartos e marcou. Saíu na segunda parte O Oindo enchufadísimo e nun corner sacado maxistralmente por Víctor, Juan De Dios (nova fichaxe dos carnotáns que debutaba onte) conseguía o 2-0. O propio Juan de Dios cometeun un penalti que devolveu ao Sofán ao partido. Pero de contado Rafa, nun balón que ía centrar, chutou case sen ángulo sorprendendo ao meta visitante.

Porteño - Dumbría B (2-0)

  • Porteño: Asier, Rubén, Roi, Manu, Pejo, Quilmes (Astu, min.75), Brais (Wii, min.85), Iván (Iago, min.65), Óscar, Ismael, Yago Sestayo (Varela 87´).
  • Dumbría B: Anxo, Andi, Sergio Cives, David Carreira, Samuel, Fernando, Jesús, MIguel Poyo, Ivanete (Carlos, min.70), Pablo Lestón (Tano, min.75), Pablo Muíño (Ramiro, min.60).
  • Goles: 1-0, min.75: Iago, de falta directa; 2-0, min.85: Varela de cabeza a unha falta de Ismael
  • Lesión: Pablo Muíño.
Partido soso en Camariñas. No cómputo xeral tivo máis o balón o Dumbría B, pero Pablo Muíño non estaba acertado e marrou dúas boas ocasións. Tano tamén perdoou, mentres que polo lado local, os saques de banda de Manuel eran medio gol. Na segunda foi mellor o Porteño, e cando o encontro miraba cara o empate, os cambios de Gerpe cambiaron o sino do mesmo. Unha falta directa de Iago encarou a vitoria para os locais, que remachou Varela ao rematar unha falta botada por Ismael.

Fisterra - Corme (2-3)

  • Fisterra: Joselu, José María Senra, Julito, Nico, Piti, Roa, Rodri, Eddy (Tati, min.55), Martín, Guardiola, Roco.
  • Corme: Susiño, Adolfo, Abel, Lelo, Pandi, Alejandro, Lucas, Rafa Valiña (Pipo, min.40), Diego, Iago, Martín (Yoshua, min.85).
  • Goles: 0-1, min.25: Martín; 0-2, min.50: Diego; 1-2, min.65: Martín de cabeza; 2-2, min.70: Roa tras unha falta lateral; 2-3, min.82: Lucas tras revolverse na área.
  • Lesión: Rafa Valiña torceu o xeonllo el só e foi ao Hospital de San Rafael.
  • Expulsión: Julito por segunda amarela no min.70.
Dominio territorial local durante todo partido. Pero os fisterráns, con serias baixas, amosáronse moi frouxos atrás ofrencendo regalos que os afiados dianteiros cormeláns non perdoaron á contra. Tocaba e tocaba os de Manolo Santos, pero un roubo de Martín suuña o 0-1. Tivo traballo Susiño tamén na meta cormelá, e solventou varios balóns perigosos. Na segunda Diego aumentaba a renda visitanbte pero o Fisterra, coma sempre, a base de brega remontou o choque. O colexiado tomou protagonismo xa que no min.70 trala expulsión de Julito, os cormeláns sacaron rápido e marcaron. Formouse unha tangana arredor do colexiado, que en principio concedera o gol, e acabou rectificando. Pero Lucas non desaproveitou un novo regalo da defensa fisterrá e marcou tras revolverse na área. Houbo moito no extradeportivo. Sobre todo a marexada de fondo que queda en Fisterra tras estes últimso resultados. Manolo Santos dimite e é posible que algún xogador tamén se marche.

Buño - Vimianzo (0-0)

  • Buño: Añón, Pancho, Diego, Lolo, Jose, Emilio (Fran Martuxa, min.46), Jorge, Víctor Pardiñas (Elías, min.67), Dourado (Fernando, min.61), Víctor e Berti (Rubén, min.75).
  • Vimianzo: Sergio, Camilo, Amarelle, Manacas (Sergio Quintáns, min.67), Iván de Treos, Iván de Baiñas, Martín, Arán, Dieguito (Sergio Vilaseco, min.38), Lagoa e Pablo Santa Cristiña.
Partido de equipos da parte baixa da táboa que non tivo moitas opcións de xogo e as que houbo repartíronse nas dúas áreas. Na primeira metade Pablo puido marcar para os visitantes aos 26 minutos, pero cando o balón entraba un defensa sacouno baixo paus. Logo a réplica local, Dourado plantouse ante Sergio e este sacou co pé, o rexeite caeulle a Berti, pero non foi quen de bater a Sergio por alto, este tocou coa man e o árbitro estimou que fora fóra da área, os locais pediron cartón vermello, pero o colexiado só lle mostrou amarelo. Xusto antes do descanso, unha boa xogada individual de Lagoa por banda esquerda acabou cun forte lanzamento deste que mandou o balón a cruceta. Na segunda metade, o partido seguiu na mesma tónica, o balón sen un dono claro e con xogadas moi directas. As mellores ocasións foron para Berti, polo bando local e unha falta lanzada por Lagoa que despexou a córner Añón.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios