O Ponteceso FSF repasa o seu terceiro ano de existencia
Espera a chegada do primeiro partido de copa con ansia o Concello de Ponteceso FSF, depois de rematar a Liga Provincial Feminina na mellor posición da súa historia. No seu terceiro ano de existencia, o equipo liderado por Barca e Curro, conseguiu a terceira praza, grazas ós 27 puntos acadados tras gañar 9 dos 16 partidos disputados. Quedou tamén na terceira posición na táboa de máximos goleadores, con 41 tantos anotados, dos cales 20 foron anotados pola pichichi do equipo e unha das máximas goleadoras da categoría, Carmen, seguida de Martina (6), Alba Reyes e Sandra (5), Ana (4) e Alba Marrozos (1). Recibiron 42 goles, que puideron ser máis se non fose pola boa tempada da porteira Salomé, que en varias ocasión salvou ó equipo da derrota.
A pesar das baixas que o equipo tivo que afrontar tanto desde principio da tempada como a mediados dela, o Ponteceso non se desmoralizou e afrontou o seu terceiro ano na Liga Provincial con ganas e ambición, e coa mirada posta no terceiro posto.
A incorporación de Sandra ó equipo na pretemporada foi importante, posto que coa baixa de Cris Santos, o equipo quedaba con tan só dúas cierres, Ana e Silvia. Tamén se incorporou ó equipo este ano Alba Marrozos, que chegaba do Amarelle FSF “B”, equipo que xoga na mesma liga, e que o primeiro partido que disputaba era contra as súas ex compañeiras. Foi tamén unha fichaxe importante, xa que as baixas de Anabel por lesión e Fany, deixaban ó equipo sen apenas xente coa que xogar. Importante foi tamén o bo momento dalgunhas xogadoras, como Carmen, que no seu terceiro ano no equipo (das máis veteranas xunto con Martina e Salomé) consegue o seu máximo número de goles anotados, convertíndose así nunha das máximas goleadoras da liga cos seus 20 goles, axudando así ó equipo a gañar encontros importantes. Tamén cabe destacar a responsabilidade e o compromiso dalgunhas xogadoras que, por non deixar tiradas ás compañeiras e ó equipo, ainda estando lesionadas iban entrenar e xogar a pesar das súas dores.
Tiveron varios altibaixos, perdendo partidos nos que non podían fallar se querían quedar terceiras, pero a pesar diso o seu traballo e esforzo fixo que lograran o seu obxectivo.
En resumo, a tempada 2012-2013 foi unha boa tempada para o Concello de Ponteceso FSF, que na súa corta historia (recordamos que o equipo só conta con 3 anos de existencia) xa conseguiu unha terceira praza e cos mellores números (27 puntos, 9 partidos gañados, 41 goles a favor por só 42 encaixados e 7 partidos perdidos, dos cales só 3 foron na casa), e contando no equipo con unha das máximas goleadoras da tempada 2012-2013 na Liga Provincial Feminina.
Datos do Ponteceso FSF 2012-2013
Plantel:
- 1. Salomé. Portera.
- 3. Alba Marrozos. Ala.
- 4. Fany. Pívot.
- 5. Alba Reyes. Ala.
- 6. Ana. Cierre.
- 7. Martina. Pívot.
- 8. Silvia. Cierre.
- 9. Christine. Ala.
- 10. Carmen. Ala.
- 13. Anabel. Ala.
- 14. Sandra. Cierre.
- Jose Barca. Entrenador.
- Curro. Entrenador.
- Sabela. Delegada.
- Isabel. Delegada.
- José Manuel Nuñel. Presidente.
- Rubén Rama. Vicepresidente.
- Marcos Antelo. Secretario.
- Francisco J. Varela. Tesoureiro.
- F. Javier Villar. Vocal.
- Marta Paredes. Vocal.
- Adrián Porteiro. Vocal.
- Rematou a Liga Provincial con vitoria pontecesá.
- A bitácora da semana (CXCIV): O blog do Ponteceso FSF.
- Redacción de QPC ([email protected]).
Corpo técnico:
Directiva: