O Ponteceso FSF toma vantaxe na Copa Provincial
Comezaba a Liga Provincial de Fútbol Sala Feminino esta fin de semana. E o facía cun derbi entre Ponteceso FSF e Esteirana, e un choque do filial do Fiosber co potente Manureva, que xa deu conta do equipo soneirán na Liga. Mentres o Fisober non podía facer nada quedando fóra das semifinais, o Ponteceso vencía por 0-3 en Esteiro sacando unha importante vantaxe de cara á volta. As de Barca superaban ás esteiranas cos goles de Carmen e Martina (2) e esperan clasificarse para a semininal, na que se enfrontarán ao propio Manureva.
Copa Provincial
- ESTEIRANA: Maruxa, Inés, María, María del Carmen e Sandra - tamén xogaron - Alicia e Leticia.
- PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Martina, Carmen e Sandra - tamén xogaron- Alba Reyes e Silvia.
Comezaba a Copa para o Esteirana e o Ponteceso de forma similar, con varias baixas en ambos equipos e cos moitas ganas de pasar a semifinais. Saíron as locais a gañar o partido, atacando e facendo que o Ponteceso non tivese moitas ocasións. Pero a pesar desto, pronto se iban adiantar as de Barca e Curro. No minuto 3, tras un bo roubo de balón de Ana cortando unha xogada do Esteirana, fixo que as pontecesanas puidesen montar unha boa contra que culmina Carmen para poñer o 0 a 1 no marcador tras un pase de Ana ó segundo pao. Viñéronse arriba as visitantes con este tanto e tiveron varias oportunidades para afastarse máis no marcador que salvou a porteira local. Nunha destas xogadas, a porteira acaba lesionada tras unha desafortunada xogada na que evitou que o balón entrase na súa portería, pero non que unha xogadora rival intentando marcar lle fixese dano na man. Non puido continuar no partido e o esteirana quedaba con unha xogadora de campo menos, xa que unha delas se puxo na portería. Pero ainda a pesar desta baixa, as locais seguiron coas súas ganas de ir a polo partido e non estiveron lonxe do empate, pero Salomé evitou que iso ocurrira. Chegábase ó descanso co marcador como estaba desde o minuto 3.
A segunda parte foi máis emocionante. Os dous equipos querían ir a polo partido, sabendo que non tiñan moito tempo por diante, e tanto locais como visitantes facían o posible por igualar unhas e sentenciar outras a eliminatoria. Tivo unha boa oportunidade María para igualar o marcador, pero Salomé evitouno e, na mesma xogada, pásalle en largo a Martina que, tras un bo control, encara á porteira e con un tiro raso ó pao marca o segundo gol para o seu equipo, ampliando a distancia no marcador. Ainda así non se viñeron abaixo as de esteiro, que intentaron tras xogadas e tiros de fóra da área acercar o marcador para non perder xa a eliminatoria, pero ningunha aproveitou esas oportunidades e a tan só 3 minutos do final, Martina logra batir á porteira tras unha boa xogada das pontecesanas, anotando así o seu segundo tanto particular e o terceiro para o Ponteceso, que veu de Esteiro un pasiño máis cerca das semifinais.
Copa Provincial
- Resultado: FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” - MANUREVA (0-8).
- FISOBER B: Martina, Paula, Tamara, Inés e Laura; tamén xogaron: Noe, Iria, Natalia e María Maroñas.
- Goles: 0-1 Tati ; 0-2 Olalla (descanso) 0-3 Cintia , 0-4 Musta, 0-5 Olalla, 0-6 Alba, 0-7 Alba, 0-8 Cris.
A ida de cuartos da Copa de Provincial traia a Vimianzo o campión invito e intratable de Liga para enfrontarse o filial do Fisober, un rival cheo de xogadoras con experiencia en superior categoría. O partido foi como se prevía dominio do Manureva e as locais a esforzarse en defensa e tentar aproveitar algunha contra. Ós tres minutos xa se adiantaron as visitantes cun gol por mediación de Tati. A pesar da mala nova o filial continuou co seu plan en defensa e con moito esforzo foron repelendo as chegadas das visitantes.
Así foron pasando os minutos ata que unha falta na frontal foi aproveitada por Olalla para facer o cero a dous no minuto quince. Dende aquí ata o tempo de lecer mesmo guión, pero as locais conseguiron lograr que o electrónico non se movera, incluso na última xogada da primeira as cadetes , Inés e Laura tiveron a oportunidade máis clara de reducir distancias pero non foron quen de logralo.
Na segunda metade o arranque , trouxo dous goles visitantes case de saída, os tres minutos marcaba Cintia e os catro era Musta a que facía o cero a catro. Foi un pequeno golpe para as locais aínda que sabían a que tipo de partido se enfrontaban.
Despois deste mal arranque para o filial , de novo foron aguantando o empuxe visitante e tentando poñer en apuros a meta rival. Pero co paso dos minutos a xóvenes xogadoras locais notaron o esforzo do traballo realizado e o seu físico foi decrecendo.
Así nos últimos dez minutos, chegaron os mesmos goles que no resto do partido. A falta de dez marcaba Olalla novamente. Despois foi Alba a que marcaba por partida dobre e finalmente cando restaban catro minutos era Cris a que pechaba o marcador.
O próximo sábado tocaralles visitar Arteixo no partido de volta.
Novas relacionadas
- O Fisober desbota a primeira oportunidade para asegurar a permanencia:
- O Ponteceso FSF repasa o seu terceiro ano de existencia.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba e do Ponteceso da man de Barca.