O Rali Clásico tamén subiu o alto do Ézaro

20:35 11/03/13

Aló rubiron ao alto do Mirador do Ézaro, coma se de ciclistas se tratase (moito máis rápido non ían a verdade...) dous Jaguar XK 120 e 150; dous MGB Roadstar; un MGA 1600 MKII, un Ford Lotus, varios Mercedes 280 e 250 SL, un Datsun 260 Z, un sinfín de Porsches dende o 356 C ata os míticos 911 e un 912, pasando por un Opel GT, un VW 1500, un Mini Cooper, un Seat 1200 Sport, Alfa Romeo 2000 GTV, ou un BMW 3.0 CS, e sen dúbida, os máis admirados, un Mercedes 190 SLR conducido por Helder Valente, e un Lancia Stratos propiedade do mítico piloto de ralis portugués, o doutor Miguel P. Oliveira, propietario do antigo equipo Diabolique.