Venres. 19.04.2024
El tiempo

O San Román alzouse co título de Liga duns Veteranos que xa pensan na Copa

O San Román alzouse co título de Liga duns Veteranos que xa pensan na Copa
Veteranos do San Román celebrando o título Veteranos do San Román celebrando o título

Remataron as vividas Ligas dos Veteranos do Fútbol da Costa. E o fixeron cunha xornada sen sobresaltos, despois de que saltaran as apostas a penúltima xornada coa derrota do San Lorenzo ante o Zas, que lle deixaba en bandexa de prata a Liga ao San Román. Non desaproveitou a ocasión o cadro larachés para facerse con outro título de Liga de 1ª División, como fixera na temporada 2014/2015. Un especialista pois naquela ocasión tamén conseguira alzarse co título no último suspiro.

Non o tivo doado o San Román en Castriz, pero acabou vencendo por 1-2, puidendo disfrutar do campionato. Ademais, o San Lorenzo, xa derrotado despois de caer a semana pasada, perdía por 4-2 en Corcoesto. Aproveitaron esta derrota Zas e Dumbría para ascender dúas posicións, deixando aos de Verdillo na 4ª praza.

Ascensos e descensos

Xa estaban confirmados, pero así queda a cousa:

  • Descenden a 2ª: Bértoa e Laxe.
  • Ascenden a 1ª: Hosgran (campión de 2ª) e Nantón.

A Copa da Costa de Veteranos

E sen tempo a saborear a liga, esta vindeira fin de semana xa comeza a #CopadaCosta, que teredes sempre actualizada en www.copadacosta.com. A Previa déixanos un fermoso San Román-San Lorenzo, como partido máis importante:

Copa da Costa Veteranos 2018 O cadro da Copa dos Veteranos sempre en www.copadacosta.com

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios