O Sofán arma unha cea solidaria polos refuxiados sirios
Non para de armar actividades que van máis alá do deporte a familia da SD Sofán. A vindeira, e co afán de contribuir e volcarse nun dos problemas sociais actuais máis graves a nivel mundial, consiste na organización, coa coa colaboración Cruz Vermella e o Concello de Carballo, dunha Cea-Baile Benéfica pro refugiados sirios.
A cita terá lugar o sábado 14 de novembro a partir das 21:00h no Resturante Punta del Este.
Os fondos serán xestionados pola Cruz Vermella e serán empregados na axuda directa ás familias dos refuxiados.
O acto está aberto a todalas persoas que queiran asistir ata esgotar as entradas postas a venda nos seguintes puntos carballeses: A Taberna O Patacón, Bar O Mexillón, Tasca A Cova, Bar Canducho (Sofán), Farmacia de Sofán, ou no propio Punta del Este. Poden reservar tamén no 981 753 226.
Novas relacionadas
- O Sofán celebra a festa solidaria do Día das Vermellas.
- O novo local social do Sofán, unha viaxe pola historia da SD.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).