Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O Sofán confía no Carral

O Sofán confía no Carral
Val do Ulla-Sofan-Foto-SD

Deixar para o Carral a final non é mala solución. O conxunto de Pablo Mallón, arroupado por case 150 siareiros sofanistas, sumaron un punto ante o rival directo e fóra da casa. Unn empate que deixa a Fase de Ascenso á 1ª Autonómica igualada, cos dous equipos como favoritos, e cunha final no Carral, o día 22, co patrón San Xoán vixiante, que parece que o decidirá todo.

Val do Ulla - Sofán (2-2)

11 do Sofan en Val do Ulla-Foto-SD
  • SOFÁN: Lerma, Javi Souto, Diego (Javi Garcia, min.82), Pablo Martínez, Rubén, Martín, Michel (Jorge Calvete, min.72), Iván Rojo, Bertín, Raúl e Leilán (Iván Rey, min.72).
  • Goles: 1-0, min.1: aprovetando un rexeite tras un despiste defensivo da Sd; 1-1, min.10: Bertín no primeiro pao marca de gran remate de cabeza a un córner de Martín; 1-2, min.17: Leilán aproveita un pase de Míchel, dribla ó lateral e bate o gardameta local na súa saída; 2-2, min.41: Remate de Gonzalo de cabeza, que Lerma incomprensiblemente non atalla e Jacobo aproveita o rexeite do porteiro para marcar.
11 do Sofan en Val do Ulla-Foto-SD

Partidazo o vivido no campo do Val do Ulla, un deses dos que fan afección. Comezaba sen tregua, e no primeiro minuto un despiste da defensa carballesa propiciaba o 1-0 no marcador. Pero non se descompuxo o cadro costeiro que se veu arriba e en apenas un cuarto de hora daba a volta ao marcador co de Bertín nun córner e de Leilán en velocidade.

Raúl e Rojo avisaban xa en momentos de verdadeiro fútbol dos sofanistas. O cadro local aguantou o temporal, esperou o seu momento, e cando os visitantes baixaron o pedal esperando o descanso, empataban.

A segunda metade foi de tinte local. Os azuis levaron o peso do balón e os vermellos acusaban a calor. Gonzalo, o mellor dos locais, ademais dos dous goles tivo un par de ocasións. Tamén tivo o seu golpe pero Leilán mandou alto lambendo o pau. Ademais, Raúl non fallou pero o colexiado anulou por fóra de xogo.

Crónicas da Fase de Ascenso do Sofán

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios