mércores. 30.04.2025
El tiempo

O temporal provocouno o Soneira e Santa Comba

O temporal provocouno o Soneira e Santa Comba
6ª xornada da Liga Xuvenil Sur, Gr.3, e cada vez as cousas van quedando máis claras. Nunha fin de semana de temporal metereolóxico, están sendo os equipos de Soneira e Santa Comba os que están a provocar a marexada. 6 encontros e 6 vitorias para os de Miguel; e 5 vitorias e 1 empate, contra o Cee na 1ª xornada, para os de Anxo. Así, son xa 8 e 6 puntos de vantaxe sobre o Corcubión, 3º tras superar ao Cee no San Pedro de Refoxos baixo o temporal. O mesmo temporal que non permitiu que se xogase o Fisterra-Dumbría no mesmo campo ceense. E saben que esta Liga está patrocinada pola Disco Zona Zero de Cee. Discoteca que xa pensa no programa de novembro. Así, o vindeiro 20 de novembro haberá sesión co Dj Danny Romero, a revelación do momento en Las Palmas. Ademais, a discoteca organiza un Campionato de Truco con 1.500€ para o gañador, 600€ para o segundo e 200€ para o terceiro. Poden apuntarse no 627 581 781 ou no Hotel A Marina de Cee.

Soneira - Mazaricos (3-0)*

  • Soneira: Víctor, Vicente, Cachirulo, Pichón, Alberto (Cristian, min.60), Dani, Fernando, Cristian, Mayor, Basti, Ismael.
  • Mazaricos: Rubén, Esteban. Mario, Javier, Sergio, Ferreiro, Oreiro, Alberto, Robiño, Molinos (Cristian, min.15).
  • Goles: 1-0, min.30: Basti; 2-0, min.44: Fernando; 3-0, min.55: Basti.
Aguantaba o Mazaricos en contra do vento a primeira metade cun 1-0 co que estaban satisfeitos os adestradores visitantes Brais e Kevin. Basdti e Isma puideron aumentar a renda. Pero foi clave o gol ao fío do descanso de Fernando, dende lonxe coa axuda do vento. Tralo descanso, con peor tempo, Basti marcou o terceiro e pouco máis tarde suspendeuse o partido, faltando 22 minutos para os 90. Haberá que agardar a decisión do Comité pero ambos conxuntos agardan que den o encontro por finalizado co resultado colleitado.

Esteirana - Santa Comba (0-7)

  • Esteirana: Manel, Rañoa (Foghete, min.60), Meco, Abel, Rachal, Jacobo, Eloy, Bruno, Jumber (Pexejo, min.70), Xián (Pablo, min.46), David.
  • Santa Comba: Pablo, García, Sergio, Gabriel (Jose Manuel, min.60), Francisco Pombo, Javito, Marcos, Anxo (Cristian, min.75), Alejandro (Iván, min.46), Muni, Roberto (Daniel, min.65).
  • Goles: 0-1, min.30: Muni; 0-2, min.50: Marcos; 0-3: Marcos; 0-4: Iván: 05: Daniel; 0-6: Daniel; 0-7: Alejandro.
  • Expulsión: aos esteiráns Rachal e Abel na segunda metade.
Demasiadas baixas na Esteirana e demasiado Santa Comba. O equipo de Uru agauntou na primeira metade o temporal metereolóxico, pero na segunda sucumbiu ante o temporal de xogo do equipo de Anxo. Os xalleiros, aos que lle custou abrir a lata, ceibáronse na segunda metade cos esteiráns.

Muros - Outes (0-0)

  • Outes: Jona, Oscar, Sergio, Juan, Alex, Chia (Pesi, min.58), Alfonso, David (Beckham, min.88), Edu, Piqui e Piti (Mostovoi, min.71).
  • Muros: Trozo, Fernando, Bolo, Oscar do Mac (Alvaro de Baño, min.46), Berni, Iago, Gabriel o Ghuapo, Jesús, Santi Chuvasco (Pedro, min.60), Gabriel de Louro (Diego, min.70), Santi de Pura (Oscar do Maema, min.46).
  • Expulsión: Alvaro de Baño.
Partido aberto no que calquera resultado se puido dar, sobre todo na segunda metade na que houbo cantidade de ocasións para ambos bandos. Pero falta dinamita no equipo de Bibi e no equipo de Manu Roque e Tomé, e pesar das alternativas o encontro rematou co empate inicial. Os muradáns, iso si, protestaron un posible penalti por mans dun xogador do Outes.

Cee - Corcubión (1-2)

  • Corcubión: Abelleira, Chema, Sergio, Marcos (Denís min.75), Iván (Enrique min.45), Lema, Antonio (Cristian min.88), Pico (David min.41), Brais, Manu de Lira.
  • Cee: Sergio, Jose R, Jose A, Rubén, Aitor (Javier min.21) (Santiago min.85), Armando, Ismael (Adrian), Diego, Javier, Sergio, Carlos.
  • Goles: 0-1, min.50: Brais; 1-1, min.60: Diego Cespón de córner directo; 1-2, min.80: Enrique a pase de Lema.
Partido condicionado pola choiva e polo vento o disputado no campo de San Pedro de Refoxos. O partido comezou co vento a favor do Corcubión, a pesar do cal o equipo de Alfonso e Jorge non sería capaz de crear demasiado perigo. Ao voltar do descanso as condicións metereolóxicas agudizáronse, o vento esdpoleou ao Cee obrigando a defenderse ao Corcubión. Pero foi o Corcubión, o que primeiro marcou por medio de Brais. Reaccionou o Cee e nun córner a favor do Cee sería cando Diego Cespón marcaria de gol olímpico axudado polo vento, despois de desaproveitar moitas ocasions rexeitadas polo porteiro visitante e ata polo longueiro. O Cee seguía empurrando e foi a polo partido aproveitando o vento e o seu coñecemento do campo. Pero sería Enrique, que revolucionou o partido coa súa entrada, o que marcarií o segundo para o equipo de Alfonso, tras un pase de Lema que foi moi discutido polo equipo de Jose Carlos polo posible posicion ilegal de Enrique. Suma asi o queipo corcubionés 3 puntos moi bos para seguir a caza dos dous de arriba que están, Soneira e Santa Comba, a 8 e 6 puntos respectivamente.

Fisterra - Dumbría (Susp)

Encontro que se ía disputar no campo de San Pedro de Refoxos de Cee a continuación do Cee-Corcubión. Pero a crueza das condicións metereolóxicas e o campo, que estaba completamente encharcado, obrigou a suspender o encontro.

Patrocina esta Liga

Crónicas da Liga Xuvenil Sur

Crónicas da Liga Xuvenil Norte

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios