mércores. 30.04.2025
El tiempo

Resultados do fútbol da Costa nesta fin de semana

Resultados do fútbol da Costa nesta fin de semana
Nova xornada completa de fútbol da Costa esta da fin de semana de 13 e 14 de novebro de 2010. Con moitas cousas que apuntar, como ese empate do Soneira na casa ante un Dubra inferior, pero que mantén aos de Manolito en postos cómodos. Na 1ª Autonómica, sorte dispar para os nosos. O Zas caía na Coruña pero amosaba unha moi boa imaxe a pesar das baixas. Xallas e Cee empataban ante equipos fortes, pero a boa nova da semana protagonizouna o Dumbría, que volvía á senda da vitoria logo de 4 xornadas sen facelo. E o facía ademais ante o líder, de xeito que os de arriba non escapan. Na Liga da Costa o encontro da xornada disputábase o sábado, e o Club do Mar superaba ao Sofán nun encontro de 1ª División polo ambiente e polo fútbol. Na xornada dominical venceron o resto de equipos da zona alta. O Camariñas segue líder tras non deixarse sorprender por un Vimianzo que cae fondo. O Ponteceso aguantoulle ao Porteño e quedou cos 3 puntos, mentres que o Fisterra tirou ata o minuto 92 para vencer en Malpica. Polo demais, salientar a 5ª vitoria da Esteirana fóra da casa, desta volta ante un Baio moi mermado; e a vitoria tremenda do Pindo en Verdillo. Na o Mazaricos non tivo piedade do pechacancelas, o Corcoesto, e segue líder. Xa con 4 puntos sobre o Nantón, que non pasou do empate en Laxe; e 5 ao Corcubión, que tivo que suspender o encontro no descanso por mor do forte vento de vendabal. A UD Cerqueda segue aí e xa empata ao Corcubión tras vencer ao Muxía e distancialo en 5 puntos, provocando unha fenda ante o Cabana e o Coristanco. Nas Ligas Xuvenís o encontro da semana era ese Zas - Dumbría B en San Andrés. Os de Nando venceron 0-2 e se afianzan no liderato con 5 puntos e un encontro máis que o Corme, que mallou no Cabana. Polo sur Soneira e Santa Comba seguen distanciando aos seus rivais.

Preferente Norte, xornada 13

Soneira 2-2 Dubra

1ª Autonómica, xornada 11

Xallas 0-0 Olímpico
Víctoria 1-0 Zas
San Tirso 2-2 Cee
Dumbría 1-0 Imperator

2ª Autonómica, xornada 11

Club do Mar 2-1 Sofán
Muros 3-1 Corme
Carnota 2-3 Dumbría B
Camariñas 4-1 Vimianzo
Ponteceso 2-1 Porteño
San Lorenzo 1-3 O Pindo
Malpica 0-1 Fisterra
Baio 0-1 Esteirana
Castriz 2-0 Buño

3ª Autonómica, xornada 11

Laxe 0-0 Nantón
Lira 7-1 Muros B
Corcubión 0-0* Coristanco
Mazaricos 7-0 Corcoesto
Alcaián 4-0 Xaviña
Cerqueda 4-1 Muxía
Atl. Pereiriña 0-4 Cabana
Outes 1-1 Indep. Carballo
* Suspendido no descanso por mor do forte vento de vendabal que sopraba no Novo Cubaleiro.

Liga Nacional Xuvenil, xornada 10

Víctoria 3-2 Bergantiños

Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 6

Esteirana 0-7 Santa Comba
Soneira 3-0 Mazaricos
Cee 1-2 Corcubión
Muros 0-0 Outes
Fisterra Susp. Dumbría

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 10

Corme 6-1 Cabana
Ponteceso 0-1 Bergantiños B
Zas 0-2 Dumbría B
Camariñas 3-1 Coristanco
Muxía 1-0 Baio

Liga Galega Cadete, xornada 9

Santa Comba 2-6 Milagrosa
Bergantiños 2-0 Betanzos

Segunda cadete, xornada 8

Outes 0-2 Bergantiños B
Cabana 4-1 Muros
Coristanco 2-1 Soneira
Dumbría 13-0 Con. de Carnota
Corme 1-2 Malpica
Baio 2-0 Ponteceso
Fisterra 4-2 Cee

Segunda Infantil, xornada 4

Bergantiños 1-2 Cee
Outes 2-2 Muxía
Cabana 15-2 E.D. Os Miudos
Zas 1-2 E.M.F. Vimianzo
Con. de Carnota - Coristanco
Dumbría 1-1 Santa Comba
Esteirana 8-1 Baio

Ligas de Veteranos, xornada 9

1ª División

Nantón 7-2 Bértoa
Vimianzo 2-4 Corcubión Vet.
San Román 2-2 Ponteceso
At. Milagrosa 2-4 Cabana
Bergantiños 2-2 Xv. Bergantiños
Baio 2-1 Castriz
Camariñas 0-2 Zas

2ª División

0-3
Dep. Carballo 1-3 Cerqueda
Malpica 1-5 San Lorenzo
Agualada 1-2 Porteño
Buño 1-1 Corme
Leiloio 0-3 Corcoesto
Coristanco Sofán
Club do Mar 4-4 Muros

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios