O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle
Gran comezo de campaña deste FSF Vila de Cee. Se os mozos conseguían vencer a todo un Troula para caer ante un dos grandes do FS galego como o Parrulo, as mozas conseguían meterse nas semis da Copa Deputación. Aí esperaban nada menos que o Viaxes Amarelle, que conta cunha muxiá nas súas filas.
Nada puido facer o cadro ceense ante un equipo de superior categoría, pero a experiencia xa está botada, e o o cadro vermello segue medrando.
Copa Diputación - Semifinal
- Resultado: FSF Vila de Cee - Viaxes Amarelle FSF (1-11).
- FSF Vila de Cee: Vanesa, Alba, María, Tati, Goretti (cinco inicial), Adriana, Paula, Serena, Lucía.
- Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Lago, Patri, Dolo, María Gómez (cinco inicial), Mariña, Xiana, Marta, Martita, Sheila.
- Goles: 0-1 Lago (min. 2); 0-2 Martita (min. 7); 0-3 Patri (min. 10); 0-4 Marta (min. 12); 0-5 Martita (min. 16); 0-6 Patri (min. 23); 0-7 Dolo (min. 24); 0-8 Lago (min. 24); 0-9 Lago (min. 29); 0-10 Lago (min. 29); 0-11 María Gómez (min. 30); 1-11 Mariña en propia porta (min. 36).
Pouco puido facer o cadro ceense ante o potencial do Amarelle, no que Patri foi titular e anotou dous goles. As coruñesas marcaban o ritmo e as ceenses trataban de aguantar como podían as embestidas.
As costeiras xa agardan o comezo da Liga Galega Feminina para o primeiro de outubro.
As herculinas xogarán a final da Copa Diputación, por segundo ano consecutivoo vindeiro mércores 21 de setembro ás 19:30 horas no Pabellón Municipal da Malata (Ferrol) ante o vencedor da semifinal que disputan este mércores o Comarcal A Fervenza FSF contra o Valdetires Ferrol FSF.
Máis información
- Resultados da Liga Galega Norte Masculina.
- Resultados da Liga Galega Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Masculina
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).