Xoves. 12.09.2024
El tiempo

O Virus FIFA dos pequenos

O Virus FIFA dos pequenos
Remata unha desas atípicas semanas con tres partidos, nos qe moitos adestradores non poderán ter repetido once nin nos dous compromisos ligueiros nin no de Copa do pasado martes Camariñas e Louro medíronse na Copa - Foto: Camariñas CF Camariñas e Louro medíronse na Copa - Foto: Camariñas CF Non é Javier Tebas o presidente da Federación Gallega, pero as queixas dalgúns dos equipos máis pequenos da Costa si que van na mesma dirección que moitas das que se lle escoitan aos profesionais. Chega unha fin de semana que pechará un maratón de tres partidos en sete días, trala 'halloweeniana' xornada de Copa do pasado martes. En plena voráxine (ou "aborigen" que diría David Bisbal) de exames universitarios, vacacións persoais e demais, chegou un torneo do KO plagado de ausencias de causa maior, o que aparte de deslucir o espectáculo provocará que case ningún equipo poda repetir once ou convocatoria por tercer choque seguido. Haberá dobre enfrontamento lucense-costeiro na Preferente, co Soneira viaxando ao amplo feudo da Sarriana e o Xallas facendo o propio relativamente preto, a Ecairón (Lemos) para tentar sacar algo positivo ante o Atlético. O único que non terá que programar viaxe será un Sofán ao que lle visita o Bertamiráns, acostumado a moverse en feudos de curtas dimensións e un rival sempre incomodísimo. O premio gordo da Primeira Galega tócalle esta vez á SD Fisterra, con viaxe a Sigüeiro para medirse a un dos firmes candidatos ao ascenso. Na terra do exbético Juanito os verdes deberán recuperar a fiabilidade defensiva que faltou na sorpresiva cita co Piloño. Máis asequible parece a defensa do liderato para un Dumbría que no Agolada terá un oponente físico e mellor na casa que a domicilio. Tamén como locais formarán o Sporting Zas cun rival directo como o Tordoia, e o Outes recibindo ao Lalín. Os de Manu de Roque teñen a mesma misión que o Fisterra, aínda que neste caso pasa sobre todo por frear a hemorraxia de goles. Polas Pedreiras de Verdillo parece pasar o partidazo da semana, entre un sempre candidato San Lorenzo, e sobre o papel fiable maiormente na súa casa, e un Corme que defende a primeira praza. Semella que teñen recuperado o nivel e a puntería os Alejo, Lucas e Brais, condición chave do bo funcionamento do equipo. O outro inquilino da cabeza, o Baio, terá no Louro un visitante alegra ofensivamente e parece que con xuventude e inexperiencia en exceso aínda para batallas maiores. De tapados e reencontros vai o Cerqueda-Mazaricos, con Raúl Periscal medíndose a un exequipo, e dous equipos 'outsiders'. Directos son duelos como o Laxe-Porteño ou Baíñas-Corcubión. Unha semana máis na Terceira a dúbida é ata onde chegará a xeira dun Muxía que esta vez vai a Vimianzo para medir ao Castrelo. O perseguidor Ameixenda recibe ao imprevisible Volantes, mentres que o Lira, así como Nantón viaxa a Camelle.  

PreferenteNorte, xornada 12

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 10

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 10

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 9

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 6

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 9

LigaGalega Cadete, xornada 9

1ªCadete, xornada 6

LigaGalega Infantil, xornada 8

1ªInfantil, xornada 8

LigaAlevínSur, xornada 4

LigaBenxamínSur, xornada 4

LigasVeteranos, 1ª División

LigasVeteranos, 1ª División

 

Máisinformación

Comentarios