O Volei costeiro remata a primeira volta arriba no podio
Primeiros e segundos rematan os equipos do Voleibol da Costa da Morte ao remate da primeira volta.
Así, os infantís do Manuela Rial acadaron o campionato de inverno tras vencer a Teis por 1-3 (16-25 / 12-25 / 25-23 / 9-25) e acabar esta primeira volta invitos.
Os cadetes do Voleibol Dumbría venceron en Teis con solvencia por 0-3 (10-25 / 18-25 / 13-25) e acaban 2º nesta primera volta cunha soa derrota ante o líder Burgas de Ourense.
Os xuvenís do voleibol Dumbría perderon ante Teis nunha pista impracticable pola humidade por 3-0 (25-17 / 25-17 / 25-19) e ocupan a 7º praza na clasificación ao remate da 1º volta.
As cadetes de Voleibol Dumbría perderon por 3-0 (25-14 / 25-12 / 25-15) ante Teis e seguen 11º en postos de promoción.
Perderon tamén as infantís do Manuela Rial ante Teis por 3-1 (22-25 / 25-17 / 25-12 / 25-19) tras ganar o primer set e ter clara vantaxe no 4º. Con este resultado acaban 9º nesta 1º volta.
Vindeira cita
Este sabado 22 comenza a segunda volta cunha viaxe a Monforte:
- 11:30h - Infantil femenino: Pinguela - Manuela Rial.
- 13:00h - Cadete femenino: Pinguela - Voleibol Dumbría.
Novas relacionadas
- Xornada de derrotas para o volei dumbriés.
- Os Xuvenís do Volei Dumbría estrean o taboleiro de vitorias.
- Boa semana do voleibol costeiro que mantén 2 lideratos.
- Mala semana para as mozas do volei costeiro nas Ligas Galegas.
- Importante vitoria das cadetes do Voleibol Dumbría.
- Xornada completa para os equipos de volei da zona.
- Os infantís do Manuela Rial de volei seguen imparables.
- Unha xornada de volei con sabor a reflexión.
- Meritorias vitorias dos cadetes e infantís do Volei costeiro.
- O Volei Dumbría nota o cambio de categoría na súa estrea.
- Dumbría é Deporte.
- O Volei costeiro entre os 9 mellores de España.
Fonte
- Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.