Domingo. 15.09.2024
El tiempo

O Volei Dumbría estrea en casa nova temporada na 2ª máxima categoría a nivel estatal

O Volei Dumbría estrea en casa nova temporada na 2ª máxima categoría a nivel estatal
Foto de familia do torneo celebrado no Conco esta pasada fin de semana

Xa non lle queda nada para arrincar a competición oficial ao Volei Dumbría. Esta pasada fin de semana acollía o Conco o 2º Torneo Concello de Dumbría, recibindo a visita do Voley Textil, o Boiro e o Aldebarán, deparando unha boa pedra de toque para prepararse de cara á nova tempada na segunda máxima competición a nivel Nacional en categoría absoluta.

Unha campaña que terá o seu pistoletazo de saída este sábado 7 de outubro no pavillón Municipal do Conco as 18,00h contra o Tenerife.

Faino despois do éxito acadado o pasado ano, onde o equipo plagado de xogadores da canteira e con moita xuventude, foi quen de manter a categoría, amosando un nivel de competición moi alto. Este ano, a ilusión segué latente na plantilla, seguen a totalidade dos xogadores, tendo coma gran novidade para esta temporada, a incorporación do receptor andaluz Sergio Bruque, deportista que o ano pasado militou no Caja Sol de Super Liga 1.

Outra das novidades importantes, ten que ver co adestrador, Luis Alberto Fernández, alma máter do volei Dumbría faise cargo da primeira plantilla, logo de estar o pasado ano como segundo de Juan Carlos Suárez. Luís Alberto toma as rendas dun equipo que coñece ás mil maravillas, posto que todos os xogadores foros formados por el nas distintas categorías do club, acadando importantes éxitos a nivel Nacional e Autonómico.

O equipo comezou a pretemporada no mes de agosto, adestrando un total de 6 días semanais, alternado sesións matutinas de ximnasio e pista con incluso 2 entrenos por día. A priori, a liga preséntase mol complicada, os equipos reforzáronse todos con xogadores de primero nivel e será difícil mantel a categoría, ainda que as ilusións están por todo o alto.

Os equipos os que se enfrentará o Volei Dumbría son os seguintes, Tenerife, Boiro, Lugo, Vigo, Cáceres, Badajoz, Sansadurniño, Palencia e Valladoliz.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios