Xoves. 12.12.2019
El tiempo

O Volei Dumbría nota o cambio de categoría na súa estrea

O Volei Dumbría nota o cambio de categoría na súa estrea
Imaxe do Volei Dumbría Xuvenil Masculino - Foto- Jorge Prri

Comezou a tempada de volei na Costa da Morte. Os equipos da bisbarra afrontan un novo curso tralos éxitos do ano pasado. Pero a primeira xornada non foi tan positiva e os equipos costeiros acadaron 1 vitoria e 4 derrotas.

A única vitoria colleitouna o equipo infantil masculino do Manuela Rial ante Burgas de Ourense por 3-1 (25-12 / 29-31 / 25-13 / 25-19). Cun equipo totalmente renovado respecto ó ano pasado, os ceenses, pese aos certos nervos iniciais, souberon gañar con solvencia.

Pola súa banda os cadetes do Volei Dumbría, a piques estiveron de conseguir outra vitoria ante Burgas de Ourense, pero perderon por 2-3 (25-19 / 25-13 / 22-25 / 23-25 / 9-15). Os dumbrieses deixaron escapar o partido nos sets decisivos por fallos na recepción. Este equipo notou a ausencia de varios dos seus componentes titulares, pero prevese que este tamén sexa un gran ano para eles.

Os xuvenís do Volei Dumbría debutaron na Liga Galega con derrota por 0-3 (15-25 / 20-25 / 21-25). Este equipo esta composto por xuvenís de primer ano maioritariamente e cadetes polo que o seu obxectivo será de xogar e aprender nesta nova categoría.

As mozas enfrontábanse as monfortinas de Pinguela, un dos equipos fortes da Liga Galega. E perderon por un doble 0-3, tanto en infantís (11-25 / 16-25 / 14-25) como en cadetes (14-25 / 18-25 / 23-25).

Imaxe do Volei Dumbría feminino - Foto- Jorge Prri

Vindeira xornada

Este domingo 14 de outubro disputarán a segunda xornada en Lugo:

  • Ás 11:00h:
    - Infantil feminino: Emevé - Manuela Rial;
    - Cadete masculino: Emevé - Volei Dumbría.
  • Ás 12:00h:
    - Infantil masculino: Emevé - Manuela Rial;
    - Cadete feminino: Emevé-Volei Dumbría;
    - Xuvenil masculino: Emevé-Volei Dumbría.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios