Mércores. 20.10.2021
El tiempo

O xadrez muxián invade toda Galicia

O xadrez muxián invade toda Galicia
130 participantes no Campeonato de Xadrez de Muxia

Impresionante a repercusión que está tendo o xadrez dende Muxía. O 27 de abril de 2013, tivo lugar en Muxía, o 2º Torneo de Xadrez Concello de Muxía valedoiro para o VIII Cirxuito Galego de Xadres Promoción 2013. E a organización, o Concello de Muxía e mais o Clube Cabo Touriñán, valora o evento de éxito rotundo, unha vez que participaron máis de 130 xadrecistas de toda Galicia, e saíron encantados.

Tras a presentación do Torneo a cargo do alcalde Félix Porto Serantes, Ángel Francisco Vilas Fernández, Vicepresidente da Federación Galega de Xadrez, os Gandes Mestres Iván Salgado e David Lariño e a responsable do Centro de Información a Muller Soledad Agra Tuñas, dou comezo a primeira rolda de partidas. O comezo da mesma, saíu tamén a ruta guiada a pé por distintos lugares de interese do Concello, actividade que mobilizou a un gran número de persoas.

Ó rematar a 3ª rolda, xadrecistas e acompañantes, tiveron dúas horas para comer, e as 16:00 horas dou comezo a xornada de tarde coa disputa da 4ª rolda. Igual que na xornada de mañá, todos os acompañantes tiveron a oportunidade de gozar doutra ruta guiada, nesta ocasión en bus. Ademais, todos os asistentes o Pavillón Deportivo de Muxía, tiveron a oportunidade de ollar a dous grandes Mestres de Xadrez xogando espectaculares partidas rápidas, e mesmo tiveron a oportunidade de enfrontarse a eles.

A competición rematou as 20:00 horas, e Félix Porto Serantes e Ángel Francisco Vilas Fernández procederon a entrega de diplomas a todos os deportista participantes e trofeo ós cinco primeiros clasificados de cada categoría. A festa deportiva rematou co sorteo de agasallos deportivos e a firma de diplomas por Iván Salgado e David Lariño.

Santi Dominguez Felix Porto e Angel Francisco Vilas entregando os premios

Máis información

Máis información

comentarios