O Xallas FC abandona o laranxa


”Realmente nunca deixou de ser o Xallas FC”. Con estas palabras explícanos o presidente xalleiro, José Manuel Gorgal, a volta ao verde do equipo que nestas 3 últimas temporadas vestiu de bicolor. Malia que moitos entendimos aquela unión de dous clubes en 2012 como unha fusión, Gorgal indica que “esa fusión nunca existíu, o que pasou é que un club desapareceu e o outro seguíu funcionando, pero só se lle cambiou o nome a nivel mediático, porque no rexistro da Xunta e na Fedaración só aparece a figura do Xallas FC, o Xallas de Santa Comba C.F. directamente non existe”.
Así, as novas fichaxes que estarán ás ordes de Iván Cancela, como Canedo, procedente do Zas, Hugo, do Bertamiráns, e Fernando Varela, do Malpica, xa se están presentando coa camisola verde que lucirá o equipo o ano que vén.
Un problema de lonxe
Parecía todo un exemplo naquel 2012 esa “fusión”, pero o tempo demostrou que non era tan sinxelo. As renciñas seguiron existindo e tras un tempo no que a directiva era de maior cor laranxa, unhas eleccións con varios votos delegados permitiron un cambio de cor na directiva.
Agora, ademais chegou ao club unha notificación do xulgado de embargo, e dende a cúpula da directica aseguran que non se van facer cargos das débedas de outros.
”O que facemos agora é poñer o nome correctamente”, asegura Gorgal, que xa ata xa lle cambiou o nome ao Facebook e todo, que xa se chama Xallas F.C..
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasacosta.com).