Oito concellos acollen o IV circuito provincial de Carreiras Populares
08:14 03/06/16
Oito concellos da bisbarra acollen nos vindeiros meses o IV circuíto provincial de Carreiras Populares promovido pola área de Deportes da Deputación da Coruña.
En total serán trinta as localidades da provincia da Coruña as que participen neste programa que chega a súa cuarta edición e que o ano convocou máis de 10.000 participantes en toda a provincia e conta nesta aumentar o número nesta nova edición. Os Circuítos estará controlado tecnicamente pola Federación Galega de Atletismo, a través das súas Delegacións na Coruña, Santiago e Ferrol, así como polo Departamento de Estadística da FGA.
Jose Garcia Linares e o responsable da area de deportes da deputacion da coruna
O responsable da área de Deportes da Deputación, José García Liñares, valorou esta iniciativa como “unha cita xa agardada na que se demostra a forza do deporte e se convida a participar nunha proposta popular, festiva e saudable”. Liñares lembrou a alta participación da edición anterior na que máis de dez mil persoas se sumaron ás carreiras populares da Deputación, unha iniciativa que, como se pode comprobar polo número de inscricións, cada ano vai a máis. Recoñeceu tamén o labor da Federación Galega de Atletismo á hora de promover a participación e organizar e coordinar a celebración das distintas carreiras.
“A práctica das carreiras suma cada anos máis persoas e nós apostamos por esta convocatoria que é unha cita de encontro a través do deporte en distintas localidades e toma forza en cada convocatoria como unha cita relevante do calendario deportivo anual”, destacou o deputado que agradeceu a participación de clubs e particulares e tamén o apoio dos Concellos nos que se desenvolve o circuíto.
Categorías
O Circuíto contempla a categoría de Menores (benxamín, alevín, infantíl, cadete e xuvenil) que inclúe participantes nacidos entre o 2007 e o 2000 e Absoluta (Xúnior, Promesa, Sénior, Veterano 1, Veterano 2, Veterano 3 e Veterano 4) con participantes nacidos entre 1997 e 1956 e anteriores.
A competición outorga premios individuais e por equipo en todas as probas que compoñen o circuíto. Para a clasificación individual dentro da Categoría absoluta os atletas teñen que participar como mínimo en 11 das 30 probas.
Na clasificación por clubs valorarase o número de participantes de cada un nas diferentes carreiras á marxe do posto dos seus compoñentes en cada unha delas. A categoría divídese, a súa vez, en dúas, unha por clubs de Menores (cómputo total de participantes de cada club ou colexio nas Categorías Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil nas diferentes carreiras que compoñen o Circuíto) e Categoría por Clubs Absoluta (cómputo total de participantes de cada club no resto de Categorías nas diferentes carreiras que compoñen o circuíto).
Así mesmo , cada atleta só poderá inscribirse como integrante dun único clube e ningún atleta federado poderá competir con outro club que non sexa o que figure na súa licenza.
Prazos
O prazo para se inscribir nas diversas carreiras estará aberto ata o mes de setembro a través da páxina web da FGA www.carreirasgalegas.org, agás que a organización respectiva decida habilitar outro sistema. As carreiras da Deputación están incluídas no Calendario de Probas da Federación Galega de Atletismo.
Calendario
- Ponteceso: III CARREIRA PEDESTRE PR-G 148 - 12/06/2016
- Carballo: VI 10 KM CARBALLO - 19/06/2016
- Cee: III CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CEE 2016 - 25/06/2016
- Muxía: III CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MUXÍA - 10/07/2016
- Carnota: XXV CARREIRA DAS AREAS - 21/08/2016
- Corcubión: XV CARREIRA POPULAR VILA CORCUBION - 17/09/2016
- Cabana: III CARREIRA POPULAR DOLMEN DOMBATE - 24/09/2016
- Fisterra: III CARREIRA POPULAR CONC FISTERRA - 18/10/2016
- Premios á clasificación individual
- Premios por clubes
- Redacción QPC ([email protected])
- Deputación da Coruña