Venres. 17.05.2024
El tiempo

Operación Silleda en marcha

Operación Silleda en marcha
A visita do Sporting Zas á provincia de Pontevedra ten como obxectivo o ben común costeiro, non só dos de San Andrés, senón tamén do Outes e de moitos que por abaixo dependen da Primeira O Sofán xogará un derbi co Xallas - Foto: SD Sofán Un pacto sen pacto, un acordo sen necesidade de apretón de mans. Simbólicamente así chega a visita a Silleda do Sporting Zas, ao que non lle vale outra cousa que vencer a un rival que ten seis puntos por enriba, e que seguramente marca a posición que acabe por determinar a salvación. Por ende, non só para os de San Andrés é un si ou si, senón tamén para o Outes e todos aqueles conxuntos que na Liga da Costa viven pendentes dos arrastres de categorías superiores. Outeiriño non é precisamente o mellor feudo para xogarse o todo polo todo, desde a fortaleza física dos do Deza ata unhas arbitraxes que non acostuman ser de sinxela dixestión. Tampouco semella sinxela a papeleta do Outes en Asados, ante un Unión xa salvado pero que ten calidade de sobra nos metros finais. Os de Cambeiro, nun momento psicolóxico sublime, deben facer da necesidade unha fortaleza. Menos agobiado, pero coa intención de sumar algo máis para ter tódolos ases recibe ao segundo (Agolada) un Fisterra que de paso pode darlle medio título ao Dumbría. O líder, pola súa banda, viaxa ao feudo dun Lalín notable na segunda volta. Dentro das contas que importan por arriba o que marca a primeira posta é un Soneira de Preferente que ten revivido co triunfo en Mugardos, e non debe temer á visita dun Laracha que mira a Terceira División. Os vimianceses, coa seguridade defensiva recuperada, deben saber agardar a súa e xogar co nerviosismo do seu rival, un dos que están en mellor forma da competición. Intrascendencia clasificatoria e atractivo sobre o campo terá o derbi entre Xallas e Sofán. Con catro partidos para o final empeza unha nova vida na Liga da Costa. Son cinco os puntos que lle saca o Baio ao Corme. O líder visita a un Corcubión que non debe mirar quen ten enfrente, senón á súa propia necesidade, e tentar aproveitar unha posible confianza do seu rival. Pola súa banda, ao Cairo chega unha Esteirana con pleno de vitorias desde a volta de Róber Pladur, e que aposta por un fútbol alegre. O desahuciado Laxe a domicilio é o reto do San Lorenzo, mentres que peliagudo será o derbi entre Mazaricos e Baíñas. E como se unha final tipo o Baio-Corme de hai quince días, o Coristanco-Buño marcará a zona de tranquilidade, ao igual que para o Porteño a visita do Malpica en forma case de çultima oportunidade. Máis relaxados estarán o Louro, que recibe a un Castriz aínda non salvado, e Cerqueda e Ponteceso, en forma de derbi. O Cee-Camariñas será o retorno de Luigi a San Paio de Refoxos. Na Terceira o Lira non debe fiarse da súa súper vantaxe (1-2) en Fontiñas, mentres que o Volantes, sen o sancionado Yanky, ten moito que percorrer para darlle a volta en Cee ante un Ameixenda con todo o persoal.  

PreferenteNorte, xornada 33

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 31

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 32

 

FasedeAscenso á Liga da Costa, ida das semifinais

 

LigaGalegaXuvenil, xornada 30

 

CopadaCosta Xuvenil, ida dos Cuartos

 

LigaGalegaCadete, xornada 30

 

CopadaCosta Cadete, ida dos Oitavos

 

LigaGalega Infantil, xornada 29

 

1ªInfantil, xornada 30

 

LigaAlevínNorte, xornada 8

LigaAlevínSur, xornada 24

LigaBenxamínNorte, xornada 8

LigaBenxamínSur, xornada 24

LigaPrebenxamín, xornada 7

 

LigasVeteranos, 1ª División, xornada 22

LigasVeteranos, 2ª División, xornada 22

 

Máisinformación

Comentarios