Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os arrastres provocarían a día de hoxe o descenso de Xallas, Baio, Corme, Buño, Ameixenda e Volantes

Os arrastres provocarían a día de hoxe o descenso de Xallas, Baio, Corme, Buño, Ameixenda e Volantes
Ameixenda e Cabana poden descender este ano da Liga da Costa-Foto-JP O Cabana xa está praticamente descendido mentres o Ameixenda pode perder a categoría por mor dos arrastres-Foto-JP É o fútbol, e máis o Fútbol da Costa, un estado emocional. E así o comprobamos cada final de temporada cos ascensos e descensos de categoría. Xa levamos dous ascensos (Laxe e Montelouro) coas súas respectivas celebracións. Por Vimianzo póñense guapos para a foto do título do Soneira e por Sofán prepáranse para a Promoción. Na Liga da Costa, Fisterra e Zas pugnan por un ascenso directo ou unha Promoción (cousa ben distinta) e na 3ª andan a voltas coa Fase. Un máximo de 7 ascensos viviremos este curso no fútbol costeiro. Pero descensos serán máis. Ata 10 equipos pode que perdan a categoría este ano, e moitos afeccionados non saben ata que punto o seu equipo está inmerso no fango, por mor dos arrastres. No peor do casos, tal e como están as cousas, e se os equipos que promocionarán (pode que o Sofán na 1ª, e Fisterra ou Zas na 2ª) non ascenden (liberarían sendas prazas nas súas categorías), 6 equipos costeiros descenderían hoxe por mor da cascada. Se Dumbría, Malpica, Cabana e Carnota  están practicamente descendidos, os Xallas, Baio, Corme, Buño, Ameixenda e Volantes descenderían se a cousa segue como está.

Cascada dende 2ªB

A cousa vén dende a 2ª B, onde o descenso do Compos, arrastraría ao Ordes, nestes momentos da , uníndose aos Bergantiños, Verín, Ribadeo e Noia. Destes, Ordes, Bergan, Noia e Ribadeo virán para o Grupo Norte da Preferente, o que provoca que, nestes momentos, o Xallas estea virtualmente descendido, xunto co Estudiantil, Villestro e Puebla (tamén afectados polos arrastres) ademais dos Ribeira, O Val e Dumbría. Moi costa arriba se lle pon ao Xallas a permanencia trala derrota no derbi, pois tal e como están as cousas, está a 7 puntos (da Sarriana) a falta de 5 xornadas. En 1ª Autonómica hai unha peculiaridade, pois ademais do Xallas, Dumbría, Puebla, Villestro e Ribeira, hai rumores de que o Lalín, a pesar de ser pontevedrés, viría para o Gr.2 (o costeiro) mentres que o seu veciño Estudiantil faríao para o Gr.4.Estes 6 descensos provocaría unha cascada terrible na 1ª, e descenderían ata 9 descensos, chegando ata 10ª praza, rozando ao Outes, que aínda terá que pelexar a permanencia. Baio, Corme Malpica están practicamente sentenciados. E na Liga da Costa, estes 3 descensos arrastrarían 3 equipos ademais dos dous descensos fixos. A día de hoxe, Buño (que está empatado co Porteño a 30 puntos pero co golaverage individual en contra; e 1 por debaixo do Coristanco), Ameixenda e Volantes, acompañarían a Carnota e Cabana no descenso á 3ª.  

Novas relacionadas

Máisinformación

Fonte

Comentarios