Os benxamíns invictos do Manuela Rial
Non para o Colexio Manuela Rial traendo alegrías deportivas. Xa sexa xadrez, atletismo ou volei, o colexio ceense está a un nivel deportivo espectacular.
Desta volta foron os peques os que participaron, cun gran papel, no Campionato Provincial de voleibol celebrado en Noia o pasado sábado día 28 de maio.
Un benxamín invictos
O equipo benxamín mixto proclamaríase Campión Provincial tras derrotar en semifinais ao Liceo da Coruña por 2-1, e na final ao Présaras de Vilasantar por un contundente 3-0. O equipo benxamín puxo o broche de ouro a unha gran tempada sen perder nin un só partido en todo o ano.
O equipo dirixido por May Cerviño estivo formado por Tiago Fernández, Matías Lemus, Iago Larrañaga, Noa Lago, Rubén de Ramón, Lucía Domínguez, , Naira Míguez e Uxío Nemiña.
Bo papel d@s alevíns
Pola súa banda o equipo alevín mixto, proclamouse Subcampión Provincial tras vencer en semifinais ao Santa María do Mar da Coruña por 2-1 e perder a final polo mesmo resultado ante o Calasancias da Coruña. A adestradora ceense mostrouse moi satisfeita co rendemento deste equipo xa que tan só puido contar con 4 alevines; Iván Quintáns, Duna Suárez, Fran Lema e Martín Hernández, e tiveron que completar a convocatoria os benjamines Tiago Fernández, Noa Lago, Iago Larrañaga e Matías Lemus.
Con este campionato finaliza a tempada para os equipos de voleibol do Colexio Mauela Rial Mouzo, que se pecha con 2 Campionatos Intercomarcais alevín e benxamín e un subcampionato galego infantil ademais dos conseguidos este fin de semana.
Novas relacionadas
- Os alevíns do Manuela Rial, campións provinciais de Xadrez.
- Cee arrasa nos campionatos provinciais de pista.
- O Manuela Rial, canteira de ouro en fútbol sala e voleibol.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).