Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os calendarios de Xuvenís, Cadetes e Infantís xa en www.futboldacosta.com

Os calendarios de Xuvenís, Cadetes e Infantís xa en www.futboldacosta.com

Unha vez analizados os Calendarios de Preferente, 1ª, 2ª e 3ª Autonómica, hoxe presentamos os calendarios das Ligas Base en QPC, a través do espazo www.futboldacosta.com.

Xa temos os calendarios completos dos dous Grupos da Liga Xuvenil, como os da 1ª Cadete e 1ª Infantil da Costa da Morte.

Ligas Xuvenís

Xornadas 1 da Liga Xuvenil 2012-2013 do fútbol da Costa - Pincha para ver o calendario completo

Nas categorías xuvenís houbo algún que outro cambio, pero a estrutura da liga mantente. Dous grupos, un Norte (4) e outro Sur, cos mesmos equipos do ano pasaro menos o Dumbría B. Onde si houbo cambios é na disposición da 2ª Fase así como na Copa da Costa.
A primeira fase dará comezo o 1 de setembro e rematará o 12 de xaneiro.

2ª Fase: Os 3 primeiros de cada Grupo tomarán parte na segunda fase de competición xuvenil, para dilucidar os 2 equipos que disputarán a fase final de ascenso a “Liga Galega”. Xogarán en total 6 equipos, que xogarán durante 10 xornadas.

Paralelamente, o resto de equipos, (14), agruparanse en tres grupos, (2 de 5 e 1 de 4 equipos) que disputarán a “Copa da Costa” xuvenil, polo sistema de liga, de todos contra todos, dos cales sairán 10 equipos, que, xunto cos seis equipos da 2ª fase da liga, (en total 16) disputarán os oitavos de final da copa, a dobre partido, seguindo a continuación a competición o seu ritmo habitual, con cuartos, semis e final, esta, poderá ser a partido único, se os clubes así o deciden en votación na seguinte reunión a celebrar en xaneiro.

Cadetes e infantís

Xornadas 1 das Ligas Cadete e Infantil do futboldacosta

En Cadetes este ano só 14 equipos, 3 menos que o ano pasado. Ao ascenso do Dumbría, hai que sumarlle as baixas dos Camariñas, Soneira e Malpica, pero un equipo novo, o EF Concello de Carnota.
A liga Cadete comeza o 27 de outubro, e remata o 12 de maio, como a maioría das competicións.

Pola súa banda, en infantís hai moitas novidades. Temos 15 equipos, 1 menos que a tempada pasada, pero con variantes. O Dumbría ascendeu a Liga Galega, e desaparecen os equipos do Concello de Carnota. Pola contra, nace a SD Sofán de infantís.
A Liga infantil dá comezo o 23 de setembro para rematar o 12 de maio.

E por certo, as ligas cadetes e infantís levan este ano o patrocinio dunha gran empresa ao estivo as ligas de primeira división...

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios