Os Cidadáns da Costa Podemos desfrutar dunha xornada moi popular (cun balón de por medio)

En plena voráxine electoral chega a última xornada antes do miniparón de Nadal, co foco posto na Primeira Autonómica

Calquera análise da última xornada do ano en tempadas anteriores levaría os típicos chascarrillos co visco ou o gordiño da Coca Cola. Pero a festa? da democracia vaino absorver todo desta vez, incluidas as comunicacións, a seguridade ou as seguras baixas en moitos equipos por ter que exercer de vogal, interventor ou presidente de mesa. Sería curioso ver en cantos casos ao xogador lle rende máis económicamente xogar (e gañar) que cumprir coa esixencia. Papeletas aparte, tamén será unha xornada que invite á reflexión a moitos equipos que deberán comezar o 2016 con propósitos novos, ou falando en prata, fichaxes novas.
Preferente Autonómica: Forza para vivir
O exdeportivista Donato, adestrador do Viveiro, ameaza a reacción dun Xallas que resucitou deportivamente ante o colista O Val. Non lle están a ir mal as cousas aos da Mariña luguesa desde a súa chegada, aínda que tamén hai que falar dunha das inversións máis xenerosas da categoría. Pola súa banda, o Dumbría terá na Sarriana un incómodo visitante, con moitas armas a balón parado.
Primeira Autonómica: Como queima a pedra!
Un derbi entre Malpica e Sofán, o único de toda a fin de semana, focaliza a atención da Primeira Autonómica. Pero seguramente non lle faga demasiada ilusión nin aos seareiros nin a grupo deportivo dos locais, inmersos nunha crise de efectivos, mordente ofensiva e resultados. Deron a cara en Vimianzo, pero sen tirar a portería. E enfrente estará un conxunto carballés reforzado tras gañarlle ao Unión e con aspiracións de cabeza. Do resto dos costeiros o que terá un menú compricado é un Soneira que visita Sigüeiro, onde segue a xogar con 46 anos Juanito, case os mesmos que Santa Claus se de practicar fútbol se fala.
Liga da Costa: Sen trampa nin cartón
Debería haber poucos trocos na táboa que lidera o Ponteceso, se se bota un ollo aos compromisos de fin de ano dos de arriba. Os da Vila de Pondal terán en Coristanco un partido 'rochoso na Rocheira', pero imprevisible pola irregularidade dos pataqueiros. Vistos os antecedentes, que máis compricado o pode ter é un Zas que en Cee e contra o Ameixenda vai sobre aviso acerca dos derbis do recén chegado. San Lorenzo e Mazaricos, terceiro e cuarto, compiten na búsqueda dun bronce sorpresivo a todas luces.
Terceira Autonómica: Pura sangue
Agra de Filgueira dictará sentencia entre a clase do Monte Louro e o aguerrido dun Camelle que a semana pasada deixou unha imaxe moi positiva. Descansa o aspirante Laxe e o Corcubión viaxa a Vimianzo.
Fútbol base: Asalto ao liderato
Buscará Diego Lobelos co seu Dumbría Xuvenil acabar líder o 2015. Para elo debe gañarlle a un duro Oroso e que o Racing Vilalbés perda.
Preferente Norte, xornada 18
Primeira Autonómica, xornada 16
Segunda Autonómica, xornada 16
Terceira Autonómica, xornada 14
Xuvenil - Liga Galega, xornada 17
Xuventude Oroso | 19/12 - 16:00 | Dumbría |
Cadete - División de Honra, xornada 17
Arosa | 19/12 - 12:00 | Dumbría |
Xuvenil - Grupo Sur, xornada 18
Xuvenil - Grupo Norte, xornada 18
Primeira Cadete, xornada 16
Primeira Infantil, xornada 16
AlevínCosta Sur F8, xornada 14
BenxamínCosta Sur F8, xornada 14
Veteranos, 1ª División, xornada 15
Veteranos, 2ª División, xornada 15
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).