Os clubs de piragüismo costeiro arrincaron a tempada cunha proba internacional
Comezou a tempada para os dous equipos de piragüismo da Costa da Morte. O CDM Piragüismo Dumbría e o Club Sen Siras comezaban a campaña na esixente proba da Taça Ibérica de Slalom, unha proba celebrada na vila portuguesa de Covas, en augas do río Coura.
A de Covas non foi unha competición amistosa, foi dura en canto a que tanto o nivel de auga como o trazado marcado polo Seleccionador Portugues Pere Guerreiro fixeron dela unha competición moi esixente na que os palistas menos expertos sufriron e fixo que poucos fosen os que pasasen a pechadura de control. A iso tamén colaborou o feito de que esta proba era selectiva en Portugal para decidir que palistas van loitar por representar ao seu país na loita por alcanzar o soño olimpico, co que o ritmo xa en preliminares foi altísimo.
De aí do mérito dos podios conseguiron os clubs costeiros, alcanzando o Sen Siras un 7º posto por clubs e o CDM un 9º.
Dous ouros e un bronce para o Sen Siras
O Sen Siras desprazou a localidade lusa a 8 deportistas, cinco competidores e tres en categoría infantil e abridor, que non puntuaban. O vimiancés Jorge Quintáns foi o primeiro en subir ao podio, rematando en primeiro lugar no k1 cadete. Un fallo nas clasificatorias deixouno fora da final en c1, onde se perfilaba, como ven sendo habitual, nun dos preferidos para formar podio. O padexeiro do Sen Siras chegou a Portugal directo desde a Seu D'Urgell, onde levaba unha semana adestrando no canal olímpico de augas bravas, cos seus compañeiros do CGTD.
Antía Loira rematou en terceiro lugar, a pesar de marcar o segundo mellor tempo en k1 feminino senior, un toque relegouna a unha terceira posición que sabe a pouco; a que no seu día foi membro do equipo nacional junior e sub-23, residente na Seu durante 4 anos, campiona de España e participante en probas a nivel europeo e mundial e un dos alicerces fundamentais do club e a persoa que máis coñece o mundo do slalom na nosa comunidade. O feito de ter a Antía como técnica no club e un dos motivos polo que o Sen Siras está a quitar tan bos resultados, a pesar de contar cun presuposto de mínimos.
Pola súa parte Aarón Rey mandou con gran solvencia na categoría veterano, onde ningún deportista logrou facerlle sombra en toda proba, na que finalmente acabou en primeira posición.
Na categoría senior k1 Javier Trigo, cun periodo de inactividade deportiva debido aos seus estudos universitarios, non foi capaz de pasar o corte o primeiro día, un corte moi restrictivo marcado polos 3 membros do equipo portugués de slalom.
Tampouco Eloy Pereira foi capaz de superar o corte no k1 cadete, categoría na que se estreaba e pagaba as poucas horas de voo cunha nadada, non sendo capaz de rematar un recorrido moi complicado, trazado polo técnico catalán Peri Guerrero.
Francisco Romar, rematou en novena posición, pero ca sensación de haber podido facelo moito mellor, pois é un rapaz que de momento ten pouca forza pero compensa con unha técnica moi boa.
E para rematar Martín Fernández, o pequeno do club e Óscar Pereira, saíron na categoría abridor, facendo un gran traballo os dous.
Boa participación do Club Municipal
Marco Oreiro en CovasO CDM Piragüismo Dumbría presentábase con once deportistas a participar dos cales só dous, Iago Canosa e Marco Antonio Oreiro foron capaces de pasar o Corte. Iago, despois dunha preliminar o sábado na que se limitou a pasar o corte, o domingo só foi superado polos palistas portugueses que loitan pola praza olímpica logo dunha boa proba. Un 4º posto que ata puido ser mellor, pois na primeira metade do percorrido estaba marcando os mellores tempos parciais. En canto a Marco Oreiro asinou tambien un moi meritorio 4º posto aínda estándo o palista de Reguelle aínda moi lonxe do seu mellor momento de forma.
Iago Canosa en CovasTamén reseñable é a competición de Marcos Sanchez Cancela, segundo na competición reservada á categoría Infantil, na que aínda limitándose a completar o percorrido e tratar de facer as mangas sen penalizaciones, sen ter aínda o ritmo de competición, foi o mellor nas preliminares, e finalmente segundo nunha manga final na que non se sentiu cómodo e na que lle faltou a faísca que a estas alturas de tempada aínda non ten. Tempo quédalle, pois a súa tempada decídese no verán.
Outros competidores foron Kiara Martinez, que malia ser a mellor xuvenil feminina non superou o corte. E Miguel Castro, Brais Pérez e Cristian González que tampouco foron quen de pasalo malia todos facer unha competición moi digna quedando Miguel e Brais no límite da pechadura de control.
Completaban a participación dumbriesa Xiana Castro, María Canosa e Brais Cancela, os máis pequenos dos participantes dumbrieses, e que debutanban nesta proba internacional.
Novas relacionadas
Fonte
- CDM Piragüismo Dumbría.
- Sen Siras.