mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os cursos de adestradores, a pleno rendemento na Costa

Os cursos de adestradores, a pleno rendemento na Costa
Corredoira nunha clase do curso de adestradores de Dumbria Corredoira nunha clase do curso de adestradores Estamos chegando ao término da tempada 2015/16 e, ao mesmo tempo, estase chegando á conclusión dos cursos de adestradores que se viñeron desenvolvendo desde outubro ata xuño nas diferentes sedes dispostas pola Escola Galega de Adestradores, a través da delegación da Costa. Actualmente estanse desenvolvendo tres cursos simultáneamente, unha vez que a pasada semana a Alcaldesa de Muros, juntamente co Director da Escola Galega, Manuel Mosquera, clausuren o que se desenvolveu na citada localidade, coa estreita colaboración de Os Miúdos, e foron 18 os técnicos que obtiveron a titulación de Monitor. Os tres cursos que aínda seguen celebrándose son o UEFA B, en Baio, que o vindeiro luns concluirá cos exames teóricos das asignaturas do último bloque (Táctica, Novas Tecnoloxías e Xestión de Equipos), as cales foron impartidas por Manolo Corredoira (as correspondentes a Táctica, este ano dividida en tres asignaturas: Evolución, Instrución e Construción de Equipos, e que o pasado sábado tivo os seus exames prácticos no campo do Club Deportivo Baio), e Iván Cancela (que impartió Novas Tecnoloxías). O número de alumnos matriculado é de 10, e todos esperan obter o ansiado título. En Carballo está impartiéndose o último bloque de título de Adestrador de Nivel 2 (Adestrador Territorial), coas asignaturas de Técnica, cuxo profesor é Huelvis; Dirección de Equipos, que imparte Natalia García Raposo; e Preparación Física, con Adrián Vázquez Forján como profesor. Este curso finalizará o mércores 8 de xuño cos exames teóricos correspondentes a estas tres asignaturas. O número de alumnos deste curso é de 15. Para rematar, en Muxía estase desenvolvendo o de Monitor, coa colaboración do Concello e do Muxía CF, e son 20 os alumnos matriculados, estando prevista a clausura do mesmo o luns 20 de xuño.

Máis de 200 titulados en 3 anos

Desde que se comezaron a impartir os cursos na Costa da Morte, o primeiro deles en Dumbría, que abriu o camiño, celebrándose despois os cursos de Monitor en Santa Comba (en dúas ocasións), Fisterra e o nivel 1 a pasada campaña en Carballo. O número de adestradores que obtiveron as diferentes titulaciones é de máis de 200, aínda que é certo que aínda se necesitan máis titulados para conformar a gran cantidade de equipos de fútbol basee e afeccionado da nosa bisbarra. É de esperar que na próxima tempada os cursos de UEFA B e UEFA A sigan impartiéndose e consigan o número de alumnos necesario para poder desenvolverse os mesmos, pois sería unha pequena decepción que se frease o bo nivel que se vai desenvolvendo na Costa da Morte. Depende de nós.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Manuel Corredoira.

Comentarios