2ª Autonómica: Os derbis 2.0 (ou 0-2)


Carnota 0-3 Castriz

- Campo: Lombáns
- Carnota: Andrés, Tono da Caixa, Adrián (Alexis m.56), Manolo Chouza, Pedro de Pichín, Pumuky, Nakata, Jose, Oli Bermejo (Bernaardo m.46), Miguel e Manuel Luis
- Castriz: Añón, Miguel (Martín Gemelo ,m.74), Alberto, Alejandro, Fabián, Marín Uruguaio (Sergio m.70), Darío Capelo, Dani Martínez, Agra, Bolón e Álex Flores (Sergio m.77)
- Árbitro: Carro Moreira (A Coruña). Amonestou a Jose do Carnota; Añón, Martín Uruguaio, Maneiro e Dani Martínez do Castriz
- Goles: 0-1 m.38 Álex Flores; 0-2 m.43 Darío Capelo; 0-3 m.60 Álex Flores
Unha solvencia de libro
Non pasou demasiados apuros o Castriz para impoñerse en Lombáns,. un feudo que tradicionalmente invitaba ao sufrimento, e que agora é testemuña dos graves problemas dun Carnota sen efectivos nin recursos. Aos cinco minutos Darío xa enviara fóra un penalti, e o cadro local desperdiciara a súa mellor ocasión nun man a man ante Añón que non foi quen de aproveitar. Contra o intermedio, os de Raúl Periscal asestaríanlle o golpe ao choque. Álex Flores, nunha acción ensaiada ao segundo pau, e Darío, tras un balón pasado de Bolón, mandarían ao seu equipo con dous goles de vantaxe ao descanso. Foi case que anecdótico un segundo tempo con alternativas nas áreas.
Cabana 0-1 Cerqueda

- Campo: As Redondas
- Cabana: Adrián, Raúl, David Varela, Ismael (Aurelio m.63) Jose (Reigía m.63), Grille, Adrián Rama, Fernando, Santi, José Manuel e Álex
- Cerqueda: Diego Dourado, Athu, Pazos (Sergio m.30), Uru, John, Manu, Fernandito, Lorenzo (Xavi m.83), Darío (Jonás m.77), Brais (Javi Gemelo m.55) e Martín (Juanjo m.68)
- Árbitro: González Rey (A Coruña). Amonestou a Grille, do Cabana; Darío, Brais do Cerqueda
- Goles: 0-1 m.11 Fernandito, de penalti
Aprobado o exame práctico
Non houbo moito máis que o gol e boa vontade dos dous equipos nun derbi esquecible. O Cabana, xove e co mellor e o peor dese concepto, apenas tivo achegamentos claros de perigo ante un veciño Cerqueda que foi quen de administrar o madrugador tanto de penalti, convertido por Fernando, trans unhas claras mans no área. Brais tivo nas súas botas a oportunidade de ampliar a renda.
Unión Club Cee 0-2 Fisterra
- Campo: San Paio de Refoxos
- Cee: Ángel Luis, Nico, Jorgito, Jacobo, Borja (Penedo m.82), Pereira, Xabi (Josiño m.80), Llanero, Dani Picallo, Piquero (Aitor m.78) e Chiru
- Fisterra: Norberto, Rubia, Manuel Cartamil, Santi, Robertín (Munitis m.90), Adrián, Mané (Guardiola m.67), Bruno, Roa, Cote (Pablo Lestón m.62) e Julito
- Árbitro: Regos Martínez (A Coruña). Expulsou a Llanero, do Cee (m.40). Amonestou a Piquero e Jacobo do Cee; Cote, Manuel Cartamil e Mané do Fisterra
- Goles: 0-1 m.46 Roa; 0-2 m.90 Guardiola
O que o vento levou
Tres puntos e a renovación da recentre supremacía nos derbis foi a bagaxe para un Fisterra máis atinado que o Cee. O encontro con máis historia do fútbol da Costa decepcionou no cualitativo, pero non no sumatorio cuantitativo de emocións, comezando pola expulsión de Llanero, e continuando pola diferente interpretación do sucedido sobre o campo. Factor determinante resultou o vento nun San Paio de Refoxos que onte resultou ser o enemigo número un do bo xogo. Apenas sucederon cousas no primeiro acto, e nada máis comezar o segundo Roa aproveitaría un despiste defensivo da zaga unionista para facer o primeiro. De novo o vento, esta vez aliado para o Cee, foi chave durante o treito de decisión. Non resultou tampouco o día para Dani Picallo, ou si o era para un Norberto que lle amargaría a vida ao muxián ata en tres ocasións. Guardiola, de libre directo, sentenciou para un Fisterra agora mesmo máis forte no pulso directo, e tamén nas aspiracións clasificatorias.
Ponteceso 5-0 Porteño
- Campo: O Pinguel
- Ponteceso: Brais (Xurxo m.75), Collazo (Pablo Márquez m.68), Nando, Juanma, Dieguito, José (Youssef m.60), Baba (Alberto m.64), Laik, Iago (Eloy m.70), Mendieta e Charly
- Porteño: Álvaro, Gabi, Roi (Adrián m.58), Jose, Manuel, Iago, Doyle (Cachi m.66), Rodrigo (Xoel m.73), Jorge (Marcos m.50) Cristian e Wii
- Árbitro: Giráldes Teixeira (A Coruña). Expulsou a Manuel, do Porteño (m.89). Amonestou a Jorge, do Porteño
- Goles: 1-0 m.1 Iago; 2-0 m.23 Baba; 3-0 m.28 Dieguito, de penalti; 4-0 m.50 Iago, de penalti; 5-0 m.58 Baba
Unha tarde prácida para o líder
Que chegue o parón de Nadal e recuperar xogadores é agora mesmo o principal desexo para un Ponteceso que polo menos deuse unha tarde prácida co gallo da visita do Porteño. Cinco goles de abismo entre ambos. A nota curiosa é que o líder fixo os seus catro primeiros tantos a balón parado: o primeiro tras un saque de banda, o segundo nun córner e os dous seguintes de penalti, o último protestado polos visitantes. Pese a contar con só once efectivos do primeiro equipo, e formar con cinco Xuvenís, o conxunto de Barca respostou.
Sporting Zas 3-2 San Lorenzo
- Campo: San Andrés
- Sporting Zas: Bugy, Dieguiño, Braulio, Josito, Rubén Forján, Sande (Diego Fernández m.46), Isma, Manu, Dani, Rubio e Chapela (Carlos m.67)
- San Lorenzo: Javi Souto, Rubén, Juanjo, Rudi, Adrián (Kevin m.73). Álex Figueiras. Luis, Álex Taibo (Mario m.70), Juni, Dani e Isaac
- Árbitro; Ordóñez Rodrigúez (A Coruña). Expulsou a Álex Figueiras, do San Lorenzo (m.44). Amonestou a Rubio do Sporting Zas; Rubén, Juanjo, Dani, Anxo, Parafita e Mario do San Lorenzo
- Goles: 0-1 m.4 Juni; 0-2 m.34 Isaac; 1-2 m.36 Chapela; 2-2 m.42 Dani; 3-2 m.64 Isma
Ausencia transitoria
Un pesadelo en forma de infidelidade a si mesmo pasou o Sporting Zas desde o pasado martes, cando caía derrotado fronte ao Baíñas, ata a media hora do partido de onte co San Lorenzo de Verdillo. Un choque entre cans de presa que non deixou indiferente a ninguén, e que acabou nun devenir deses que minan a moral dos afectados negativamente, coma o caso dos carballeses. A primeira media hora dos de Pedro foi desas de manual, que a piques estivo de deixar todo o peixe vendido. Con apenas catro minutos, Juni remataba libre de marca unha falta lateral para facer o 0-1. Dominaba e chegaba o San Lorenzo, que faría o segundo nunha gran acción persoal de Dani desde a banda. Pero o cuarto de hora que restaba previo ao descanso sería antagónico: Chapela e Dani equilibraban nun suspiro grazas a dúas boas accións do segundo, mentres que Álex Figueira deixaba aos seus con dez por dobre amonestación. Baixou en productividade un segundo acto no que chegaría, iso si, a remontada total, tras unha recuperación de Rubio e gol de Isma. Os carballeses acabaron moi enfadados ca arbitraxe.
Mazaricos 3-2 Baíñas
- Campo: Peña do Ouro
- Mazaricos: Miguel, Miguel Riveiro, Marcos (Ferreiro m.76), Matías, Ramón (Chico m.46), Ricardo, David, Estéfano, Ramón, Pereiro (Brais m.46) e Chenel (José Ángel m.86)
- Baíñas: Joselu, Tantán (Héctor m.53), Matías, Pablo Rey (Esteban m.78), Jorge Calvete, Canay (Eloy Cabeza m.14), Mario, Javi Suárez, Pablo Muíño, Alemán (Cristian m.46) e Migueliño
- Árbitro: Rama Cotelo (A Coruña).
- Goles: 0-1 m.41 Pablo Muíños; 1-1 m.46 Estéfano; 2-1 m.58 Estéfano; 3-1 m.78 Ricardo; 3-2 m.86 Matías
Maza..zo
Afogouselle o gozo a un Baíñas que o martes sorría despois de dobregar ao líder Zas, na estrea vitoriosa de Manolo Corredoira. Durou o que tardou en remontarlle o case derbi un Mazaricos que cada vez vai máis en serio e que está a competir ao nivel dos candidatos a todo. E iso que no primeiro acto o Baíñas exerceu dese conxunto con táboas e experiencia, con dominio do balón, dos tempos do encontro e das situaciones de perigo. Nunha das últimas aparecería Pablo Muíño, ao borde do intermedio, para aproveitar un bo pase atrás e fusilar a Miguel. Pero como cando todo sae ben tenden a suceder as cousas case sen invocalas, o Mazaricos case que voltou dos vestiarios co empate. Aínda non se cumprira un minuto cando Brais meteu un balón profundo para Estéfano e superou a Joselu. Sería case que igual o tanto que voltearía o marcador, aunque agora con Chenel coma asistente. As contras castigaron a un Baíñas con maior posesión, pero moito menos vertical, e tamén menos acertado de cara á meta rival. Ricardo, nun córner, case que sentenciaría, a pesares do gol de lanzamento lonxano de Matías, tras un rebote.
Buño 2-3 Coristanco
- Campo: Xaviña
- Buño: Toni, Miguel Dourado (David m.74), Fran Borrazás, Dimitri, Eloy, Dani Calvete, Juan (Richard m.71), Dourado, Víctor, Gurita (Emilio m.58) e Jorge (Dani Mato m.50)
- Coristanco: Nacho, Alejandro, Adrián, Añón (Damián m.46), Gonzalo, Pena, Sergio, Alexis (Jonathan m.46), Magovi, Samu (Jose m.88) e Iván
- Árbitro: Crespo Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Dani Calvete do Buño; Samuel, Adrián e Jose do Coristanco
- Goles: 1-0 m.6 Jorge; 2-0 m.38 Víctor; 2-1 m.61 Samu; 2-2 m.64 Magovi; 2-3 m.68 Magovi
O mago Magovi
Tres goles en sete minutos voltearon para o Coristanco o derbi en Buño, e deixaron tocados aos oleiros, que foran moi superiores durante a primeira hora de encontro. Un madrugador remate de Jorge, e un cabezazo do Víctor ao fío do descanso, puxeran en clara situación gañadora aos de Gueli. Sen embargo, un rexeite, un man a man e un contragolpe convertidos por Samu e Magovi, en dúas ocasións este, deronlle tres puntos vitais ao conxunto da capital da pataca.
Camariñas 1-0 Volantes de Baño
- Campo: Hermanas Patiño
- Camariñas: Pablo Novo, Kevin, Paco (Sergio m.46), Moriño, Soule, David (Rodrigo m.46), Yuyo, Brais (Sergio Romero m.87), Vicente, Cerbán e Vieites
- Volantes de Baño: Rubén Santos, Pardelo, Mou, Roi, Paky, Iago, Ramonsiño (Sergio m.87), Andel. Ivi, Yanky e Javi
- Árbitro: Sánchez García (A Coruña). Amonestou a David, Sergio, Paco, Moriño e Vicente do Camariñas; Ramonsiño e Pardelo do Volantes
- Gol: 1-0 m.87 Yuyo
Dèja-yuyo
Un novo gol de Yuyo, que vai a un (polo menos) por partido, deulle un triunfo chave ao Camariñas. Non foi un pau tan duro para o Volantes, que amosou unha mellora sustancial, e que tivo ocasións para gañar o encontro. Pablo sacou dúas mans excelentes. Cos muradáns volcados, o Camariñas foi letal e aproveitou os espazos. Xa avisara dese xeito no primeiro acto.
Esteirana 3-2 Ameixenda
- Campo: José Luis Vara
- Esteirana: Manuel, Dani Rama (David m.90), Rafa, Martín (Manuel m.73), Álex, Adrián, Pablo, Codesido, Jaime, Marcos (Eloy m.73) e Tobío
- Ameixenda: Maikel, Jorge, Trillo (Antón Lestón m.46), Serginho, Álex, Samuel (Grille m.80), Bicho, Rafa (Ruso m.73), Mario (Andrés m.46), Borja e Demetrio (Javichu m.63)
- Árbitro: Pérez Álvarez (A Coruña). Amonestou a Eloy e Rafa; David e Samuel do Ameixenda
- Goles: 0-1 m.14 Demetrio; 0-2 m.24 David; 1-2 m.41 Marcos; 2-2 m.75 Álex; 3-2 m.80 Manuel
Un desenlace para tolear
Espectáculo e emoción. Así vendería o seareiro neutral o que sucedeu entre Esteirana e Ameixenda no José Luis Vara. Traduciríase éxtase e decepción segundo o bando hacia o que un incline. Os muradáns déronlle a volta a un partido que tiñan totalmente perdido, no que se viron con dous tantos abaixo por dous disparos lonxanos espectaculares de Demetrio e David, e no que acabarían por entrar grazas a un bo remate de Álex, previo ao intermedio. Culminarían a remontada os de Javier Lodeiro, pero o Ameixenda aínda tería unha bala de plata: un penalti botado por Álex, marrado, e que no rexeite o balón foi contra o longueiro.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).