mércores. 30.04.2025
El tiempo

1ª Autonómica: Os derbis fan servizo

1ª Autonómica: Os derbis fan servizo
Soneira-Malpica-Foto-SD Soneira-Malpica-Foto-SD O Soneira-Malpica e o Corme-Baio os gañaron os locais, precisamente os equipos que máis o necesitaban; pero por encima da rivalidade veciñal sobresae especialmente a machada do Sofán fronte ao Unión de Asados, excelentemente recibida en Vimianzo

Soneira 2-0 Malpica

O Soneira cumpriu ante un Malpica serio. Foto: facebook da SD Soneira O Soneira cumpriu ante un Malpica serio. Foto: facebook da SD Soneira
  • Campo: Municipal de Vimianzo A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com
  • Soneira: Anxo; Figueroa, Brais Mouzo, Aarón, Maikel, Sandelo, (Nazo m.78), De la Sierra, Richi, (Darío m.72), Basti, (Óscar de Maema m.58), Javi, (Alberto, 90) e Alberto Vía
  • Malpica: Asier; Dímaga, (Víctor m.51), Carlos Mallo, Kike, Óscar Moscoso, Casais, Eme, (Vitalie m.88),  Sergio, (M. Uruguai m.62), Petís,  Martín Mara e Charro
  • Árbitro: Morlán García (A Coruña). Expulsou a De la Sierra, do Soneira (m.51).
  • Goles: 1-0 m.33 Basti; 2-0 m.88 Aarón

A paciencia dun líder

Non foi o derbi entre Soneira e Malpica precisamente o mellor encontro da xornada na zona. Pero tampouco resultou a barbarie que podían temer moitos seareiros bergantiñáns, doídos polos últimos resultados do seu equipo. O líder exerceu como tal, e o seu tocado rival non tivo reparos en asumir o rol de víctima, cunha resistencia ordeada e poucas concesións á improvisación. Un remate ao longueiro de Richi e outro bo disparo de Basti foron os únicos achegamentos do maior arsenal ofensivo da liga. Sería precisamente Basti o que derribaría por primeira vez o muro malpicán, tras ser máis listo que a zaga e aproveitar un balón solto para prantarse ante Asier e resolver. Moi intenso e aguerrido, o equipo de Chema non se descompuxo, pero tampouco foi quen de crear nin unha soa situación de perigo. Unha combinación maxistral entre Brais Mouzo e Alberto Vía acabaría por darlle o segundo tanto ao Soneira, con Aarón rematando a pracer.

Corme 2-0 Baio

  • Campo: O Cairo
  • Corme: Susiño, Brais Torrado, Joshua, Toniño, Alejandro, Eloy, Diego (Sergio m.44), Adrián Doldán (Aitor m.90), Jose (Miguel Torrado m.66), Lucas e Brais
  • Baio: Pablo, Fachal, Mario (Yago m.73), Porto, Luis Alvite, Peke, Norber (Ramón m.88), Moreno (Brais m.60), Rubio (Luis m.66), Martin e Saleta
  • Árbitro: Represas Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Alejandro e Lucas do Corme; Luis Alvite, Diego, Norberto, Mario do Baio
  • Goles: 1-0 m.72 Sergio Sueiro de falta; 2-0 m.95 Toniño

Exercicio de forza colectiva

Un Corme moi enganchado, e que superou o forte vento do Cairo, sacou unha victoria fundamental no derbi co Sofán. Uns 250 seareiros foron testemuña da mellor versión dos bergantiñáms, moito máis seguros que de costume no área propia, e rápidos e menos arriscados na rival. O Baio tivo problemas de profundidade e non a clarividencia de anteriores derbis. Xa na recta final, Sergio, cun bo remate, e o Maradona de Anllóns Toniño, co seu rival volcado, decidiron para os locais.

Aquí, da man de Santi Soneira, vemos os goles cormeláns.

Sofán 3-0 Unión

Foi unha xornada positiva na Primeira Autonómica. Foto: SD Sofán Foi unha xornada positiva na Primeira Autonómica. Foto: SD Sofán
  • Campo: O Carral
  • Sofán: David, Sito, Adrian García, Rubén, Felix, Felipe, Ivan Rey (Insua m.85), Brais, Luis (Ceide m.87), Javi Doldán (Martín m.59) e Raul (Franchu m.88).
  • Unión: Eloy Fungueiriño, Santi, Pablo Mariño (Kevin m.84), Dani Conde, Andres, Victor Lorenzo (Angel m.73), Walter, Pequi, Saviola (Óscar m.84), Manoliño e Chicho (Alex Conde m.67)
  • Árbitro: Recarey Añón (A Coruña). Amonestou a Javi Doldán do Sofán e Pablo Mariño do Unión de Asados
  • Goles: 1-0 m.14 Luis; 2-0 m.68 Raúl; 3-0 m.82 Martín

Repaso e favorciño ao Soneira

Tarde máis prácida do previsto no Carral, onde un Unión habituado aos espacios de berlina tivo que facerse a moverse nun 'smart' ('niquelado', iso si). Foron moi superiores os carballeses, que atoparon o subidón de confianza moi cedo, xusto ao cuarto de hora, cando Luis abría o marcador cun fenomenal disparo lonxano. A resistencia ordeada, a comunión coa grada, e as contras mortais foron o credo dun Sofán que fixo como ninguén do aguantar e agardar o seu momento. E este chegaría no ecuador do segundo acto, cando o veterán de ouro Raúl fíxolle un máster en pelexas corpo a corpo á zaga rival e resolveu ao pau curto du canterán do Boiro Eloy Fungueiriño. O punta da Coruña sería de novo chave coa asistencia a Martín para facer o terceiro e resolver.

Outes 0-3 Piloño

  • Campo: O Conchido
  • Outes: Rama, Pose, Maroñas, Samu (Veleiro m.77), Dani, David Sampedro (Jura m.57), Pablo (Elías m.57), Martín, Piki, Mario e Iago
  • Piloño: Adrián, Manuel, Dani, Diego Vilariño, Santi, Otero, Jairo (Alberto m.85), Mosquera (Álex m.68), Marcos, Imanol e Pablo
  • Árbitro: Riego Rodríguez (Santiago). Amonestou a Maroñas, Samu e Elías do Outes; Jairo e Alberto do Piloño
  • Goles:  0-1 m.9 Maroñas, en propia meta; 0-2 m.76 Marcos; 0-3 m.88 Pablo

Nada que dicir

Non tivo opción algunha un Outes moi inferior e que recoñeceu a superioridade do Piloño. Un madrugador gol en propia meta e a intensidade dos de Vila de Cruces desbordaron aos de Manu Roque, que ven así truncada a súa xeira vitoriosa.

 

Comentarios