xoves. 07.11.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Os nobles non perdoan

3ª Autonómica: Os nobles non perdoan
Nova xornada de Liga e as cousas quedan como están. 5 puntos os que separan o grupo de 3 en ascenso do Corcubión, que semella o único que pode loitar con Cerqueda, Nantón e Mazaricos por unha desas 3 prazas. Cabana e Coristanco, que non están olvidados, disputaban un dos encontros máis interesantes da xornada, que rematou cunha vitoria apretadísima dos de Chema Eiriz.

Nantón - Lira (6-0)

  • NANTÓN: Martin, David (Felix, min.75), Cristian (Carlos Santos, min.68), Sito, Diego, Carlos Vidal, Martín, Amado, Luís, Manolo e Manu (Javi, min.78).
  • LIRA: Brea, Alvaro (Romani, min.30), Paco, Toni, Miguel, Boni, Iago, Pepiño, Víctor, Javi e Santi.
  • Goles: 1-0, min.12: Manolo; 2-0, min.25: Manu; 3-0, min.57: Luís; 4-0, min.70: Manolo; 5-0, min.76: Luís; 6-0, min.82: Javi.
Partido moi claro para os locais que en nada se pareceu o intenso duelo de galos da ida en lombáns. Os visitantes presentáronse con mais de 10 baixas e xogando con varios tocados, para xuntar soamente 12 xogadores entre eles 2 porteiros. O Nantón comezou tocando e tocando o balón e o Lira totalmente agazapado e intentando cazar algo nalgún patadón, pero sen perigo algún xa que non tiraron nin unha vez entre os 3 paus. Na segunda parte os visitantes quixeron estirarse e comezouse a ver algo máis de intensidade, pero iso tamén fixo que un equipo mermado polas baixas abrise máis ocos, e froito diso viñeron os catro goles do Nantón e todo un golazo de Luís que sen ángulo e case dende a propia liña de fondo marcaba por raso.

Corcoesto - Independiente (1-3)

  • CORCOESTO: Siro, Pepe, Miguel, Germán, Rivera, Edelmiro, Luisiño, Couto, Rodri, Javi e Pablo. Tamén xogaron Pichón, Lista, Miguel e Juan.
  • INDEPENDIENTE: Upi, Efrén (David, min.46), Panucci, Dani Rosalía, Manu (Toni, min.72), Michel, Moreno (Iván Lorenzo, min.35), Rubén, Briam (Suso Noya, min.92), Cholo e Ivi.
  • Goles: 0-1, min.53: David; 0-2, min.65: Iván Lorenzo; 1-2, min.75: Pablo; 1-3, min.90: Cholo.
Partido xogado nun campo moi irregular e non que se viu pouco xogo combinativo. Os visitantes optaron por un fútbol directo buscando ao seu dianteiro corpulento, Ivi. Na segunda metade os locais viñéronse abaixo e os visitantes arriscando ao xogar con tres defensas leváronse o partido xustamente.

Corcubión - Outes (3-0)

  • CORCUBIÓN: Abelleira, Carlitos (Gabri, min. 89), Chisco, Manuel Cartamil, Xabi, Sergio Manín, Edu (Estrella, min. 52), Alán (Diego, min. 70), Jose, Mario (Manu, min. 64) e Lourido (Tarrela, min 80).
  • OUTES: Gato, Alvaro, Primo (Fabio, min.46), Chúa, Lago, Pesco (Potro, min.46), Poque (Martín, min.73), Lass, Deivi (Mingos, min.80), Saúl e Damian (Pitu, min.60).
  • Goles: 1-0, min.1: Lourido; 2-0, min.10: Lourido; 3-0, min.60: Mario, de penalti.
  • Expulsión: O visitante Potro (min.75) con dous cartóns amarelos, ambos por protestar.
O comezo do partido non puido ser mellor para os locais, aos 37 segundos, e iso que comezaron sacando os visitantes, chegou o primeiro gol do recén recuperado Lourido. Pouco despois, o mesmo protagonista acrecentaba a diferenza. Así remataba unha primeira parte na que o Corcubión non pasou problema algún. Xa na segunda metade, un penalti cometido sobre o mellor do partido, Lourido, transformouno Mario cun bo disparo á dereita do porteiro. O árbitro foi collendo protagonismo no partido ao expulsar a un xogador visitante e a partires desa acción os visitantes fóronse por completo do partido e centráronse moito máis nas protestas arbitrais. Cabe destacar tamén o perigo que amosaba Alán pola banda esquerda dos blanquiazuis. En ningún momento os visitantes deron motivos para perigar a vitoria local.

Laxe - Cerqueda (0-1)

  • LAXE: Jacobo, Jaja, López, Antonio Naya, Jacinto, Samuel, Felipe, Mandi (Zurich, min.46), Antonio Castro (Beizana, min.65) e Rubén.
  • CERQUEDA: Fredi, Javi, Alberto, Dani, Nión, Santi, Josiño (Uru, min.80), Dani Añón (Rober, min.70), Dieguito, Alex e Carlos (You, min.75).
  • Gol: 0-1, min.41: Alex.
Vitoria importantísima a que acadou o Cerqueda nun partido que se lle puido poñer moi costa arriba na segunda metade se o local Antonio Castro non desaproveitara unha pena máxima. Na primeira metade o partido estivo dominado polos visitantes, un dominio que non se traduciu en moitas ocasións de gol, pero si na posesión do balón. Tralo descanso un chaparrón de auga anegou o campo e fixo totalmente impracticable para xogar. Antonio Castro tivo o empate, pero Fredi estivo moi acertado ao deter a pena máxima. O empurre dos locais foi en aumento e dominaron a segunda metade. Os visitantes repregaron liñas e a contra puideron sentenciar, Dieguito lanzou un balón a rentes do pau.

Mazaricos - Muros B (5-2)

  • MAZARICOS: Gómez, Tuco, Oscar, Marcos, Chico, Ramón (Rodrigo, min.60), Brais, Martín (Coxo, min.70), Esteban Pereiro (Ernesto, min.50), Estefano (José Angel, min.46) e Kevin.
  • MUROS B: Trozo, Jose María, Javi, Paqui, Pardelo, Seluco (Pedro, min.46), Ramón, Xuvenil (Casco, min.55), Piru, Pesco e Ivi.
  • Goles: 1-0, min.1: Kevin; 1-1, min.7: Ivi; 2-1, min.23: Kevin; 3-1, min.25: Esteban Pereiro; 3-2, min.43: Ivi; 4-2, min.47: Oscar; 5-2, min.87: Ernesto.
Non fallou o líder ante un equipo filial con moitos xuvenís e que tan só ofreceu resistencia na primeira metade. Un gol nada máis saír da caseta tralo descanso sentenciou o partido, os locais puideron golear, pero non marcaría o quinto ata tres minutos do final.

Coristanco - Cabana (3-4)

  • CORISTANCO: Rubén, Cota (Iván, min.68), Germán, Oscar (Palermo, min.85), Marcos, Dani, Fran Fariña (Carlos, min.55), Luís, Benitez (Arantón, min.75), Gustavo (Suso, min.46) e Toniño.
  • CABANA: Toni, Rubén, Marcos, Sande, Alfredo, Adrián (Diego Varela, min.60), Sandro, Jacobo (Adán, min.70), Eloy, Miki (Alex Mato, min.60), Suso Docampo.
  • Goles: 1-0, min.10: Germán; 2-0, min.21: Toniño; 2-1, min.35: Alfredo; 2-2, min.40: Suso Docampo; 3-2, min.57: Toniño; 3-3, min.70: Suso Docampo; 3-4, min.80: Adán.
O Cabana acabou con boa parte das opcións do Coristanco de optar aos postos de ascenso, agora xa lle separan 8 puntos do terceiro clasificado. Foi un partido de poder a poder que estivo marcado polos erros defensivos, pois en case todos os goles non houbo actuacións moi acertadas de porteiros e defensas. En canto a dominio o partido estivo moi igualado e un empate puido impartir máis xustiza. Os locais levaron sempre a dianteira no marcador ata os últimos minutos nos que os cabaneses lle deron a volta ao marcador. Suso Docampo, quen se non, foi o autor dos dous goles e foi Adán o da vitoria.

Alcaián - Atl. Pereiriña (2-0)

  • ALCAIAN: Herrera, Luisito, Iván Souto, Daniel, Víctor, Pio, Bruno (Javito, min.65), Portillo, Pablo Framil (Fabio, min.70), Daviciño e Pistolas.
  • ATL. PEREIRIÑA: Andrés, Serxio, Alvaro, Riki, Grille, Adán, Villar, Touré, Juan, Víctor e Morcillo.
  • Goles: 1-0, min.20: Iván Souto, de falta directa; 2-0, min.70: Víctor, de penalti.
  • Expulsións: Os xogadores visitantes Villar (min.50) e Alvaro (min.70), ambos con cartón vermello directo por protestar.
O Alcaian soubo defenderse mellor no mal terreo de xogo de Portorrrubio e con dous goles a balón parado levouse o tres puntos. Na primeira metade Iván Souto cun maxistral lanzamento de falta abriu o marcador. Xa na segunda unha pena máxima, moi protestada polos visitantes, serviu para poñer a sentenza nun partido con moi poucas ocasións de gol.

Xaviña - Muxía (2-1)

  • XAVIÑA: Juan, Chiri, Sergio, Alex, Marcos, Carlos, Carlitos, Chapu, Angel (Bua, min.54), Dani (Maikel, min.60) e Brion (Elvis, min.46).
  • MUXÍA: Angel Luís, Conguito (Pardelo, min.55), Santi Papi, Claudio, Dani, Jose Antonio, Dimas Leivinah, David (Fernando, min.80), Iván, Canario e Iván Chans.
  • Goles: 1-0, min.16: Chiri; 1-1, min.41: Santi Papi, de penalti; 2-1, min.60: Elvis.
Primeira vitoria do novo míster Uxío. Os locais tentaron en todo momento tocar o balón e con esa filosofía seguirán o resto da campaña. Chiri abriu o marcador ao coller un rexeite do pau tras tiro de Angel dende a frontal. Xusto antes do descanso os locais non acertaron a marcar un tres para dous e a contra veu o penalti que Santi Papi non desaproveitaría. Xa no segundo tempo Elvis poñía o definitivo 2-1 para sumar a cuarta vitoria dos xaviñáns no que vai de tempada.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colabora Luís Alberto Sambad, Miguel de Lira, Xabi Gonzalez e Martín Suárez.
  • Fotos e vídeo do Laxe-Cerqueda da UD Cerqueda.

Comentarios