mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os odiosos oito

Os odiosos oito
De tódolos conxuntos de Preferente e Primeira Autonómica que representan á Costa, só o Sofán foi quen de sacar unha victoria O San Lorenzo remontou ao final fronte ao Cerqueda - Foto: UD Cerqueda O San Lorenzo remontou ao final fronte ao Cerqueda - Foto: UD Cerqueda Engadamos ao panorama costeiro un hilo musical de Ennio Morricone, e mudemos o humor negro e ás veces soez de Tarantino pola retranca galego-costeira. Ben se podería chamar á película dun xeito parecido á nova do director americano: Os odiosos oito (no que a resultados esta vez se refire). O Sofán foi a única excepción de entre tódolos equipos de categorías superiores que sacou adiante o seu partido, o que leva tamén a preguntarse pola situación real do balompé propio nun contexto provincial. Manteñamos a música de Morricone un pouco máis, porque non tódolas non victorias son sinsabores. O bo deses resultados pode dicir que foi o dun Dumbría na súa mellor versión do curso, que ademais recuperou o gol e mereceu máis contra un rival top e traballado coma o Sporting Sada. O feo, tamén cun punto sumado pero unha sensación desconcertante, foi que o Malpica, esta vez inspirado de cara a gol, marcase catro goles e non gañase fronte ao Lesende. Iso si, parece que as novas incorporacións teñen dado un salto cualitativo aos bergantiñáns. E o malo, polas tendencia dos últimos choques, foi o pinchazo do Soneira en Tordoia, que axusta un pouco máis a cabeza e confirma un pequeno estancamento dos vimianceses. Cambia a faciana cando se pasa a unha Liga da Costa donde tamén hai que falar dun pelotón de sete, non de oito, no que esta vez o mazazo levouno o Mazaricos, ao que se lle escapou a victoria en Esteiro. Sufriu para manter o liderato o Sporting Zas, que venceu con problemas en Buño. Os de San Andrés ven polo retrovisor como veñe lanzado un FIsterra que suma xa oito triunfos seguidos e que machacou ao Castriz, último agora dese grupo de aspirantes. Por abaixo non dan síntomas de mellora Carnota e Cabana, que a pesares de sumar entre os dous dezasete puntos aínda están moi vivos na pelexa pola salvación. Vergonza é a palabra para definir o que sucedeu na Terceira, pero coa mirada posta nunha insensible Federación, que a pesares de contar co OK do Lira negou a suspensión do partido entre estes e o Monte Louro, que sufría na previa o falacemento do pai do técnico, Caluso. A xustificación, non tratarse dun xogador ou directivo. No estrictamente deportivo parecen poñerse de acordo Corcubión e Laxe para pinchar, todo un pracer precisamente para o Louro.  

Preferente Norte, xornada 23

 

Primeira Autonómica, xornada 21

Segunda Autonómica, xornada 21

Terceira Autonómica, xornada 18

 

Xuvenil - Liga Galega, xornada 21

Dumbría2-0Residencia

Cadete - División de Honra, xornada 21

Dumbría1-3Lugo
 

Liguilla de Ascenso Xuvenil, xornada 3

 

Liguilla Copeira Xuvenil, xornada 3

 

Primeira Cadete, xornada 19

Primeira Infantil, xornada 19

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 17

BenxamínCosta Sur F8, xornada 17

 

Veteranos, 1ª División, xornada 18

Veteranos, 2ª División, xornada 18

 

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios