Os padexeiros costeiros Marcos Cancela e Jorge Quintáns, campións da Copa España de Novas Promesas Slalom
Numerosa participación costeira na 1ª Copa de España de Novas Promesas Slalom celebrada esta pasada fin de semana en Arfa, na canle de augas Bravas de Seu, Lleida. Unha cita de primeiro nivel estatal, e aí, os dous equipos costeiros demostraron que están moi arriba, cunha 6ª praza por equipos para o Piragüismo Sen Siras, e unha 9ª praza para o CDM Piragüismo Dumbría. Ademais, 3 títulos nacionais así o refrendan, se ben a Copa de España é un circuito de varias que sirve de preparación para a final do Campionato de España (o vindeiro 22 de xullo) pero cun nivel tremendo.
O club Sen Siras
O primeiro en saír a remar do club Sen Siras foi o pequeno Martín Fernández, que participou como abridor na súa primeira copa de España. Fixo dúas baixadas moi boas e ademais o venres a tarde remou na canle de augas bravas da Seu (a proba realizouse nunha adecuación do río na localidade de Arfa) sendo o primeiro galego que rema no canal olímpico con só 9 anos.
Despois foi o turno de Francisco Fernández, logrando na 11ª posición no kayak infantil b e sexto na canoa, a pesar de non estar en postos de podio Fran remou con gran calidade nas dúas categorías, sendo a canoa a modalidade que mellor se lle da e na que se segue traballando pronto estará entre os mellores de España.
Finalmente Jorge Quintáns fixo doblete no kayak e na canoa infantil A, quedando segundo no k1 con un crono de 61.72 só por detrás da bestia do Cadí Pau Etxaniz. A pesar de non facer todo o que sabía o padexeiro vimiancés, un fallo de traxectoria na primeira porta fixo que a segunda e a terceira tamén se lle complicasen perdendo uns segundos moi valiosos, segue demostrando que é o mellor kayak galego infantil. Na canoa Jorge tamén logrou subir o podio, quedando en terceira posición a pesar de non subirse neste tipo de barco nada máis que nas competicións. Dende o club Sen Siras tamén nos contan que Jorge xa está na lista para entrar no Centro Galego de Tecnificación Deportiva polos bos resultados conseguidos tanto en probas autonómicas como nacionais.
Como dicimos, o club rematou esta primeira copa de España en 6ª posición a pesar de que só dous dos tres padexerios que participaron na proba puntuaban, o pequeno Martín Fernández na categoría de abridor non sumaba puntos, un resultado histórico para esta pequena entidade deportiva que leva menos dun ano funcionando e dende a que nos aseguran que un dos seus pilares e traballar na calidade e non na cantidade.
Boa participación do club municipal dumbriés
A expedición do CDM Piragüismo Dumbría non regresou de valeiro da primeira proba da Copa de España de Xoves Promesas do Slalom. Marcos Suárez Cancela logrou a vitoria no seu debut en competición nacional, confirmandose coma unha das máis firmes promesas da entidade.
Marcos empezou a competición liderando, marcando unha primeira manga en cero, que á postre, e tal como lle indicou o seu entrenador lle valeu a victoria, por diante de José Moya do Piragüismo Calasparra de Murcia por apenas 25 décimas, e Rodrígo Nahuel del Club Atletico San Sebastián xa a cáseque dous segundos.
Pola súa banda, Lorena Costa rozou a medalla, quedando clasificada no mesmo segundo que a segunda e a cuarta clasificada, e xa metendolle 5 segundos á quinta clasificada. Un toque na porta dúas, e que supuxo dous segundos de penalización lle inpediu subir ó segundo escalón do podium. "Tendo en conta que tódalas súas rivais xa coñecían moi ben o río, fai que sexamos moi optimistas no clube de cara ás vindeiras probas, e sobre tódo, de cara ós campeonatos de España que se disputa en León nun río que Lorena xa coñece”.
A expedición dumbriesa se completaba coa participación de Brais Pérez, que despois de dous anos de inactividade, regresou os entrenos facendo un traballo moi digno na proba pirenaica logrando entrar en control.
Estes resultados confirman que no CDM Piragüismo Dumbría se fan as cousas ben, xa que á medalla de Marcos e á caseque medalla de Lorena, se suman as dúas medallas logradas por Jorge Quintáns, deportista formado no clube municipal dumbriés do que tiña licencia ata este ano que fichou polo veciño Sen Siras.
Vindeira cita
Xa preparan os equipos a vindeira cita da fin de semana que vén en Tui, onde o clube municipal dumbriés acudirá con vintecinco rapaces de tóda a comarca de entre 8 e 14 anos. "Estamos sorprendidos polo crecimento que está tendo o clube nos últimos tempos, e iso que ainda non arrancamos coas escolas de verán" apostilla o responsable do CDM Piragüismo Dumbría, Quique Portela, animando a calquera pai que queira que o seu fillo se inicie no piragüismo de augas bravas.
Máis información
Novas relacionadas
- O CDM Piragüismo Dumbría queda 4º por equipos, e o Sen Siras acada dúas pratas no Campionato Galego.
- 6 podios para os peque-palistas costeiros en Ribadumia.
- Un par de padexeiros costeiros na Copa internacional dos Pirineus.
- O Piragüismo costeiro arrinca a tempada de base con grandes resultados.
- Iago Canosa queda a poucos segundos da Selección Española de Piragüismo.
- Iago Canosa, cun pé na Selección Española de Piragüismo.
- Dumbría estrou en Portugal a temporada de piragüismo:
- Iago Canosa, novo campión galego absoluto de piragüismo con só 16 anos.
- Os dumbrieses, entre as mellores promesas de España.
- Un campionato e dous subcampionatos galegos para o Piragüismo Dumbría.
- Tres medallas para o piragüismo de Dumbría.
- O Piragüismo Dumbría, terceiro no Trofeo Internacional Tui-Valença.
- Pouca sorte para os piragüistas dumbrieses en Orthez.
- O Piragüismo Dumbría segue medrando e acada a segunda praza por clubes en Gondomar.
- O CDM Piragüismo Dumbría colleita un fabuloso sexto na Copa de España de Slalom.
- 4 ouros e 1 bronce para preparar o asalto á Copa de España de Piragüismo.
- Iago Canosa e Marco Oreiro sobreviven a unha competición fallída en Irún.
- O piragüista Iago Canosa achégase ao mundial de Slalom de Australia.
- 5 palistas do Piragüismo Dumbría loitarán polas plazas para o Mundial de Slalom.
- Sorte dispar para os palistas dumbrieses na primeira proba da tempada.
- Arrinca en Portugal a tempada 2014 para un CDM Piraguismo Dumbría con caras novas.
- Un Piragüista dumbriés ao mellor centro de tecnificación de España.
- O Piragüismo Dumbría xa é Campión Galego.
- O Piragüismo Dumbría xa sobe a podios estatais.
- Dumbría acolleu outra gran proba de piragüismo.
- “O campo de slalom sería tan positivo como o Camiño de Santiago”.
Fonte
- Nota de prensa do CDM Piragüismo de Dumbría, da man de X. Henrique Portela e do Club Sen Siras da man de Aarón Rey.