O Piragüismo costeiro arrinca a tempada de base con grandes resultados


Arrranca unha nova tempada nas categorías maís pequenas do piragüismo galego, e arrancaba con doble participación costeira. Por un lado, comezou cun podium para o CDM Piragüismo Dumbría que foi terceiro na primeira competición da Copa Galega de Promoción de Slalom. E paralelamente, o equipo de Augas Bravas Sen Siras disfrutaba con 3 dos seus pequenos no podio.
Un ano máis, a proba inaugural da tempada se disputou na vila pontevedresa de Tomiño, nun Río da Pedra bastante máis escaso de caudal que en outras edicións.

Esta tempada o clube municipal dumbriés acudia con moitos deportistas primeirizos, o que facía que os erros por nervos fosen bastante máis abundantes que nos entrenos. Pero entre os que xa teñen algo de experiencia destacou sobre todos eles o desempeño de Lorena Costa, que fixo unha competición extraordinaria ainda non tendo ribais femeninos na súa categoría. Impuxose na categoría infantíl femenina cun tempo co que sería quinta entre os rapaces. As outras medallas foron para Marcos Cancela no seu debut coma Infantil, e coa sensacción de poder ter feito máis, e Paula Perez Espasandin, terceira na categoría benxamín femenina.


Pola súa banda, o Sen Siras levou unha completa expedición, e voltou con bos resultados. Sara Fernández foi 2ª no K1 Benxamín e seu irmán Fran quedou 7º no K1 Infantil. Ademais, Jorque Quintáns subíu ao máis alto do podio no C1 Infantil, e Martín Fernández acadou un fantástico 2º posto en K1 nesta primeira copa galega de slalom.

Vindeira proba
A vindeira proba da Copa Galega de Promoción terá lugar dentro dun mes en Ribadumia.
Pola súa banda, un equipo de deportistas do CDM Piraguismo Dumbría formado por Iago Canosa, Marco Oreiro, Kiara Martinez e Marcos Sanchez se desprazou camiño dos pirineos para disputar esta semana a Copa del Segre, nas vilas lleidanas de La Seu e Ponts.
Máis información
Novas relacionadas
- Iago Canosa queda a poucos segundos da Selección Española de Piragüismo.
- Iago Canosa, cun pé na Selección Española de Piragüismo.
- Dumbría estrou en Portugal a temporada de piragüismo:
- Iago Canosa, novo campión galego absoluto de piragüismo con só 16 anos.
- Os dumbrieses, entre as mellores promesas de España.
- Un campionato e dous subcampionatos galegos para o Piragüismo Dumbría.
- Tres medallas para o piragüismo de Dumbría.
- O Piragüismo Dumbría, terceiro no Trofeo Internacional Tui-Valença.
- Pouca sorte para os piragüistas dumbrieses en Orthez.
- O Piragüismo Dumbría segue medrando e acada a segunda praza por clubes en Gondomar.
- O CDM Piragüismo Dumbría colleita un fabuloso sexto na Copa de España de Slalom.
- 4 ouros e 1 bronce para preparar o asalto á Copa de España de Piragüismo.
- Iago Canosa e Marco Oreiro sobreviven a unha competición fallída en Irún.
- O piragüista Iago Canosa achégase ao mundial de Slalom de Australia.
- 5 palistas do Piragüismo Dumbría loitarán polas plazas para o Mundial de Slalom.
- Sorte dispar para os palistas dumbrieses na primeira proba da tempada.
- Arrinca en Portugal a tempada 2014 para un CDM Piraguismo Dumbría con caras novas.
- Un Piragüista dumbriés ao mellor centro de tecnificación de España.
- O Piragüismo Dumbría xa é Campión Galego.
- O Piragüismo Dumbría xa sobe a podios estatais.
- Dumbría acolleu outra gran proba de piragüismo.
- “O campo de slalom sería tan positivo como o Camiño de Santiago”.
Fonte
- Nota de prensa do CDM Piragüismo de Dumbría, da man de X. Henrique Portela e do Club Sen Siras da man de Aarón Rey.