Luns. 29.04.2024
El tiempo

6 podios para os peque-palistas costeiros en Ribadumia

6 podios para os peque-palistas costeiros en Ribadumia

Bos resultados os colleitados polos dous equipos costeiros de piragüismo a pasada fin de semana. Un ano máis a Copa Galega de Promoción se achega¡ba a Ribadumia, aínda que nunha época distinta a de outros anos, finais do verán, polo que se esperaba algo máis de caudal coma así foi. Tamén se esperaba muitísima incripción por parte do clube local, que finalmente se fixo co primeiro chanzo do podium, pero os nosos non quedaron á zaga, con 6 podios entre os dous equipos, copando varias categorías.

Varios podios para o Augas Bravas

Podiums do Piraguismo Augas Bravas en Ribadumia

Martín Fernández (de verde no medio) proclamouse campión no K1 benxamín, facendo unha primeira manga moi boa que ningún outro neno foi capáz de superar, é sen dúbida unha das grandes promesas do slalom galego.
Pola súa parte Jorge Quintáns (no máis alto do poido da esquerda) gañou tanto no k1 como no c1, quedando patente que é o mellor infantil galego e un dos mellores de España tanto en kayak como en canoa.
E tamén fixo un gran papel Sara Fernández (na foto da dereita) quedando en 2º lugar no k1 benxamín, a pesar de que na segunda manga se veu entorpecida pola nena que levaba diante aumentado o crono da piragüista do Sen Siras en alomenos 30 seg.

Non quedou aí a participación do equipo dirixido por Aarón Rey,. Francisco Fernández fixo un gran traballo tanto en kayak como na canoa, mostrando unha gran mellora técnica nestes últimos meses, aínda así non foi quen de acadar postos de podium, xa que ao ser infantil de primeiro ano ten que competir contra nenos que son un ano maior e a diferencia de idade faise notar notar no crono final.
Outro que segue mellorando é Tomás Quintáns, subindo posicións na clasificación, a mellora técnica tamén é notable, a pesar de que ainda non está en tempos de podium non estamos seguros que seguindo a este ritmo non tardará en subir ao caixón.
Nesta proba tamén se estrenaron os irmáns Eloy e Oscar Pereira, que fixeron un gran traballo conseguindo rematar o percorrido a pesar de levar tan só unhas semanas adestrando.

15 palistas do Piragüismo Dumbría

Lorena Costa campiona en Ribadumia

Dos quince rapaces que acudiron coa expedición do CDM Piragüismo Dumbría, e aínda que todos os fixeron moi ben, foron 3 os que subiron o podium. Lorena Costa se fixo cos dous triunfos no kayak e na canoa femenina. A de Berdeogas está penalizada pola falta de competencia a nivel galego, polo que espera con ganas a chegada das primeiras competicións da Copa de España.
Pola súa banda Marcos Sánchez Cancela tamén fixo unha gran competición subindo ao terceiro chanzo do podium no seu primeiro ano coma K1 infantil.
Finalmente Brais Sanchez Cancela subiu ó podium na categoría Benxamín cun terceiro posto para o de Buxantes.

Ademais, o CDM Piragüismo Dumbría logrou un terceiro posto por clubes, só por detras dos locais do Nautico de Ribadumia, e do Penedo de Tui que foi segundo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios