venres. 16.05.2025
El tiempo

Os poderosos irmandiños

Os poderosos irmandiños
Zas-Esteirana-Foto-Alejandro Mel Zas-Esteirana-Foto-Alejandro Mel

Completa xornada do Fútbol da Costa na que, coma sempre, actualizamos en www.futboldacosta.com máis de 100 resultados das 14 Ligas que mantemos activas polo de agora, ademais das Ligas de FS.

A xornada deixa aos equipos soneiráns-irmandiños ben posicionados, con Soneira e Zas máis líderes das súas categorías.

Empates que valen pouco na Pref.

E houbo de todo, como eses sosos empates dos Dumbría e Xallas na Preferente. Dous empates que non lles valen para moito, deixando agora ao Xallas ao fío do descenso (e sen contar posibles arrastres) e ao Dumbría, que tras 11 xornadas sen gañar, mira a permanencia a 5 puntos.

De todo na 1ª

Alegrías e decepcións nesta xornada para os nosos na 1ª. O Soneira vencía onte, ademais con interesantes debut de xentes da canteira, e mantén o liderado. Pero esperaba que o Sofán frease algo ao Cordeiro no partidazo da xornada, pero o potente equipo do Barbanza levou os puntos do Carral, a pesar do gol anulado e 3 paus dos locais, e se mantén a 3 do líder, e deixa ao Sofán 5 puntos por debaixo. Mala foi a xornada para Outes, pero boísima para o Corme, que alcanza na táboa a un Baio necesitado de vitorias tras 7 partidos sen conseguila. Ambos teñen unha marxe de 5 puntos sobre un descenso, onde segue o Malpica sucumbindo de xeito estrepitoso.

Moitas cousas na Liga da Costa

Xogábase o partido máis esperado da xornada no Pino do Val, onde o Mazaricos puido co Ponteceso e consegue superalo na táboa. Os de Néstor suman 6 partidos sen perder, igual que o líder, o Zas, que sufriu para superar á Esteirana. Pero o equipo máos en forma é o Fisterra, con 7 vitorias seguidas.

Por abaixo preocupan Cabana e Buño (6 derrotas e un empate nas últimas 7 xornadas). De feito, Tono e Ordóñez acordaron ca directiva deixar o cadro cabanés. Tampouco está ben Ameixenda, xa con Raúl Periscal no banquiño pero con 12 xornadas sen gañar. Carnota, aínda en descenso e Volantes tamén andan con moitos problemas.

Escapa o Corcubión

Aproveitou o Corcubión o empate do Laxe en Camelle, e cunha curta vitoria en Malpica ante o Seaia estira a vantaxe co cadro laxense ata os 4 puntos. Un Laxe que saca aínda 4 puntos sobre o Montelouro, o equipo que poderá pelexar ese ascenso directo.

Fútbol Base

A do sábado foi unha nova tarde de fútbol de primeiro nivel galego no Conco, que deparou unha de cal e unha de area para os equipos dumbrieses nas Ligas Autonómicas, seguindo a liña dos dous equipos. Os xuvenís venceron con rotundidade e se manteñen na pelexa por todo, ascenso e título. Pola contra, os cadetes da máxima categoría, caeron nun partido clave, ante un rival directo, e a permancencia xa se escapa a 9 puntos.

Polo demais, o partidazo da xornada disputábase en Fontenla, onde Xallas e Ponteceso enfrontábanse como campións das Ligas Xuvenís. Foi o cadro xalleiro o que pegou primeiro, manténdose imbatido no que vai de tempada, pero nun partido moi tenso, de nerviosismo e imprecisións. Nesa mesma Liguilla Previa á Fase de Ascenso, o Cee parece o candidato a pelexar con estes dous as dúas prazas.

En Cadetes segue o Corme impresionate, aínda sen coñecer a derrota tras vencer a un Xallas que viña moi forte por detrás. Os cormeláns sacan xa 7 puntos ao Fisterra, que non pasaron do empate ante a Esteirana.

Menos igualada aínda parece a Liga Infantil, cun dominador claro, o Dumbría, chamado a volver ás Ligas Autonómicas.

Mentres queda un mes para que arrinquen as Ligas Alevín e Benxamín Norte e mais a Prebenxamín (xa temos os calendarios en www.futboldacosta.com, polo Sur, Outes e Sofán Afección pelexan polo liderado en Alevíns, mentres o Cee vai destacado nos Benxamíns.

Ligas de FS

E saben que en www.futboldacosta.com tamén seguimos as Ligas de FS da comarca. O mal estado do pavillón provocou que non se puidera disputar a xornada nas Ligas de Ponteceso-Corme (a primeira da segunda fase), na de Malpica nin na de Mazaricos. Pero si que houbo, e xa están actualizadas, durante a semana nas Ligas de Cee e de Carballo.

 

Preferente Norte, xornada 22

 

Primeira Autonómica, xornada 20

Segunda Autonómica, xornada 20

Terceira Autonómica, xornada 17

 

Xuvenil - Liga Galega, xornada 20

Dumbría6-2Imperátor

Cadete - División de Honra, xornada 20

Dumbría0-4Pabellón
 

Xuvenil - Liguilla de Ascenso, xornada 2

 

Xuvenil - Liguilla copeira, xornada 2

 

Primeira Cadete, xornada 18

Primeira Infantil, xornada 18

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 16

BenxamínCosta Sur F8, xornada 16

 

Veteranos, 1ª División, xornada 17

Veteranos, 2ª División, xornada 17

 

Máis información

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios