Os primeiros candidatos aos Premios da Gala Fútbol da Costa - QPC
Un ano máis o equipo de Quepasanacosta prepara a Gala que pretende unir a todo o Fútbol da Costa. A II Gala do Fútbol da Costa - QPC, que terá lugar na Casa da Cultura de Cee o vindeiro venres 26 de xuño ás 20:30h, e á que por suposto, estades invitados todos os amantes do noso deporte, servirá para premiar aos mellores. E para escollelos, imos facelo entre todos.
Queremos que sexa unha votación o máis aberta e xusta posible. Así, como xa fixemos o ano pasado, serán arrredor de 130 protagonistas do noso fútbol os que escollan aos mellores. Xa fixemos a primeira batida entre adestradores e delegados, para escoller aos primeiros candidatos. E precisamente hoxe arrincamos a votación final (empezaremos a contactar con xente relacionada co fútbol, xornalistas, e o capitán, o adestrador e o presi de cada un dos 35 equipos) para saber quen serán os que leven estes fermosos trofeos en forma de balóns, gracias á colaboración do Concello de Malpica e dos Oleiros de Buño.
Teremos máis premios, pero estes son os que propoñemos como candidatos (non excluíntes) para os Premios máis importantes. Uns días antes da Gala daremos os 3 finalistas para cada Premio:
MELLOR ADESTRADOR
Canosa (Dumbría), Felix (Baio), Josito (Sofán), Manu Roque (Outes), Iván Cancela (Zas), Pedro Gómez (San Lorenzo), Emilio Uzal (Cerqueda) ou outro.
MELLOR EQUIPO
Dumbría, Outes, Sofán, Baio, Zas, Cerqueda ou outro.
MELLOR DIRECTIVA
Sofán, Baio, Outes, Dumbría, Corme, Ameixenda ou outro.
MELLOR XOGADOR
Piti (Volantes), Rubio (Zas), MC (Baio), Roberto Amoedo (Outes), Lucas (Corme), Alejo (Corme), Chinda (Castriz), Bruno (Cee), Iago (Dumbría), Diego Cespón (Dumbría), Espi (Volantes), Iago Lema (Corcubión), Álex Figueiras (San Lorenzo) ou outro.
MELLOR AFECCION
Zas, Ameixenda, Corme, Camelle, Outes, Sofán ou outra.
MELLOR CLUB BASE
Corme, Dumbría, Fisterra, Outes, Cabana, Cee ou outro.
11 IDEAL
- MELLOR PORTEIRO: Anxo (Soneira), Iván Bouzón (Dumbría), Gato (Outes), Diego (San Lorenzo), Dani Varela (Baio), Nacho (Coristanco) ou outro.
- MELLOR LATERAL DEREITO: Rubén Forján (XSC), Sito (Sofán), Adrián (Malpica), Ferreiro (Carnota), Juan de Elvira (Fisterra), Cristian Figueroa (Soneira) ou outro.
- MELLOR LATERAL ESQUERDO: Pereiro (Zas), Oscarín (XSC), Dani Rubia (Fisterra), Javi Souto (Sofán), Martín Uru (Castriz), Jorgito (Cee) ou outro.
- MELLORES CENTRAIS: Iago (Dumbría), Roco (Fisterra), Amoedo (Outes), Chúa (Outes), Aarón (XSC), Félix (Sofán), Víctor Vecino (Zas), Mario (Baio), Brais Mouzo (Soneira), Pablo Novo (San Lorenzo), Teo (Montelouro) ou outros.
- MELLORES MEDIOCENTROS: Brais (Corme), Jesús (XSC), Álex Figueiras (San Lorenzo), Jota (XSC), Bieito (Baio), Diego Cespón (Dumbría), David Sampedro (Outes), Aarón López (Dumbría), Lucas (Corme), Pablo Lestón (Fisterra) ou outros.
- MELLOR INTERIOR DEREITO: Alberto Recarey (Ponteceso), Cheo (Malpica), Darío (Cerqueda), Doro (XSC), Chinda (Castriz), Elías (Outes) ou outro.
- MELLOR INTERIOR ESQUERDO: MC (Baio), Rubio (Zas), Bruno (Cee), Iago Lema (Corcubión), Jesús (Dumbría), Juni (San Lorenzo) ou outro.
- MELLORES DIANTEIROS: Espi (Volantes), Javi Suárez (Baíñas), Raúl (Sofán), Alejo (Corme), Piti (Volantes), Chenel (Mazaricos), Álex Flores (Zas), Javi (Soneira), David Blanco (Zas), Adrián Makaay (Dumbría), Cololo (Malpica) ou outro.
O Combinado
Esperamos ademais, darlle continuidade ao Combinado da Costa que saia do 11 ideal e do Mellor Adestrador, seguindo a liña dos partidos do ano pasado ante o Coruxo e ante o Fabril. Veremos a quen podemos traer este curso…
Outros nomes
En todo caso, temos que poñer outros nomes que están saíndo estes días dende os especialistas do noso fútbol. O máis simbólico, o de Álex Pombo, que aparece en varios votos polos seus méritos pola súa traxectoria na primeira metade da temporada:
Como adestradores, ademais dos candidatos, apareceron xa escena os Nacho (adestrador do Fisterra), Pablo Mallón (adestrador do Baíñas) ou Manolito (adestrador do Soneira). Como xogadores, entre os candidatos ao Mellor Xogador e o 11 ideal atopamos a Suso (porteiro do Porteño), Tony (porteiro do Buño), Vicente (porteiro do XSC), Rizos (porteiro do Zas), Diego (San Lorenzo), Brais Triñanes (Soneira), Mayuyo (Volantes), Adrián (Seaia), Schuster (San Lorenzo), Sergio (Camelle), Luís (Sofán), Richi (Soneira)…
Facíamos 4 ou 5 seleccións con todos estes nomes!!
Novas relacionadas
- En marcha a II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- QPC entregou os premios do Fútbol da Costa 2013-2014.
- A Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa entre o Combinado e o Coruxo.
- O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).