Os problemas de efectivos deixan en cadro ao ACB



Con 7 equipos en liza continúa o ACB Costa da Morte. E se esta semana descansaron os infantís, si que tiveron competición os e as sénior, as júnior, ademais dos e das cadetes, e mais as infantís, por partida doble.
Malos resultados para os maiores da familia, con problemas de efectivos nos sénior, pero cómpre destacar as vitorias das júnior e mais dos cadetes.
4ª División Masculina, xornada 4
- Resultado: ARTEIXO - ACB COSTA DA MORTE (57-40).
- Parciais (7-6; 8-11; 23-14; 19-9) (Acumulado: 7-6; 15-17; 38-31; 57-40).
- ACB COSTA DA MORTE: Tinin, 16 ptos; Manuel, 3 ptos; Iván, 10 ptos; Lucas, 3 ptos; Sergio, 8 ptos (1 triplas) – quinteto inicial –.
Unha nova derrota do equipo Sénior masculino do ACB Costa da Morte nun partido no que acudiu con tan só 5 xogadores. Partido que no descanso iban gañando os de de Cee, pero que co ritmo e a presión imposta polo equipo de Arteixo, que contaba con 12 xogadores, no puideron aguantar a partires da mitade do 3º cuarto.
2ª División Sénior Feminina, xornada 6
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE - LOURENZA MONDOÑEDO (34-53).
- Parciais: (8-15; 8-16; 4-9; 14 – 13) (Acumulado: 8-15; 16-31; 20-40; 34-53).
- ACB COSTA DA MORTE: Lidia, 2 ptos; Sheila, 6 ptos; Andrea, 0 ptos; Goretti, 0 ptos; Sandra, 4 ptos – quinteto inicial – Yaiza, 11 ptos; Andrea Chasco, 9; Sabela, 2 ptos.
Partido bronco, no que a dureza na defensa do equipo de Lugo foi permitida polo arbitraxe o cal foi aproveitado polas visitantes para ir sacando vantaxe cuarto a cuarto.
2ª División Junior Feminina, xornada 5
- Resultado: CAMBRE - E.S.BAZARRA, S.L. COSTA DA MORTE (9-89).
2ª División Cadete Masculino, xornada 6
- Resultado: ESCOLAPIOS - ACB COSTA DA MORTE (10-71).
2ª División Cadete Feminino, xornada 6
- Resultado: MERCEDARIAS - ACB COSTA DA MORTE (56-31).
2ª División Infantil Feminino
- Xornada 1 (apraz. e xogado o domingo): FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE - NARON (49-29)
- Xornada 4 (xogado o sábado): MARISTAS - FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE (67-19).
Vindeira xornada
- Sábado 23:
- Cadete masculino: ACB Costa da Morte - Artai B ás 12:00 h no Municipal de Cee.
- Infantil feminino: Ferroatlántica ACB Costa da Morte - Carballo basket ás 16:00 h no Municipal de Cee.
- Cadete feminino: ACB Costa da Morte - Laracha ás 18:00 h no Municipal de Cee.
- Sénior masculino: ACB Costa da Morte - Idefic ás 20:00 h no Municipal de Cee. - Domingo 24:
- Junior feminino: Calasancias - ACB Costa da Morte ás 12:00 h na Polideportiva Riazor 2.
- Infantil masculino: Arteixo - Ferroatlántica ACB Costa da Morte ás 17:00 h en Arteixo Pazo.
Máis información
Novas relacionadas
- 2 vitorias e 5 derrotas para a familia do ACB.
- Doble derrota para o ES Bazarra.
- O ACB Costa da Morte afronta un novo ano co apoio de Ferroatlántica.
- 2012/2013: O ACB despide a tempada coa derrota dos cadetes nas semis de Copa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).