Os sábados son días de Fútbol Sala en Mazaricos e Malpica
Esta semana non hai partidos por mor do derbi (galego, por suposto). Pero os sábados son os días nos que se xogan as Ligas de Fútbol Sala de Mazaricos e de Malpica, que xa recollemos na nosa plataforma www.futboldacosta.com/, e que completan as que actualizamos cada semana (Carballo e Cee), e esperando a que empece a de Santa Comba, aprazada por mor das obras do Pavillón..
Esta semana publicabamos unha ampla reportaxe da Liga de FS de Cee. Hoxe queremos falar de outras dúas ligas da zona, que se xogan en sábado, para permitir que esa xente que vive noutras vilas do país poida competir ao volver a casa cada fin de semana.
Liga de FS de Malpica
Xa van 2 xornadas da Liga de FS de Malpica, organizada Asociación Deportiva A Pedreira coa colaboración do Concello. 8 equipos compiten cada sábado, por agora, con dous cadros en cabeza, o Prisma-Illa.JB e o San Francisco, con dúas vitorias cada un.
Cada fin de semana actualizaremos o calendario (faise cada venres segundo a disponibilidade dos equipos) e os resultado.
Liga de FS de Mazaricos
As xentes da Asociación Eu son Mazaricos, e nomeadamente Ismael Vilas, teñen en marcha esta Liga de FS de Mazaricos. Con APP propia, a liga está perfectamente armada. O pavillón acolle de a partir das 18:00h a tampada regular, que xa leva 3 xornadas, cos imbatidos Gorrión's como líderes, por diante de O Corvinho, dous puntos por debaixo.
Cada fin de semana actualizaremos ambas ligas.
O Deluxe Pes-Calo O Corvinho Excavacións Yoni Tuñas Autoescola Alvespa AlboradaAs táboas en www.futboldacosta.com
- Liga de FS de Mazaricos.
- Liga de FS de Malpica.
- Liga de FS de Cee – 1ª División.
- Liga de FS de Cee – 2ª División.
- Liga de FS Carballo - Grupo Azul.
- Liga de FS Carballo - Grupo Vermello.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).